martes, 27 de diciembre de 2011

OUTRO PETROGLIFO EN TABOEXA

OUTRO PETROGLIFO DE GRANDES DIMENSIÓNS EN TABOEXA


Interrompo o temario, que tiña previsto, para anunciar ós meus lectores e comentaristas un gran acontecemento. Miguel Rodríguez Alonso, natural e veciño de Taboexa,  o bisneto de Manuel Alvarez, "o Sr. Manuel do Caneiro", orientado por Tono de Camilo, de As Neves, foi quen de atopar un gravado rupestre de grandes dimensións no monte da "Coutada" en Taboexa, a poucos metros das pozas da Adreira.
Tono de Camilo, Antonio Estévez Iglesias,  foi administrativo no Concello de As Neves. Hoxe está xubilado. Polos anos 1950-1960 axudou a Alfredo García Alén, nos traballos de investigación,  levados a cabo no Monte de Altamira.. Máis tarde percorreu , él só, os montes desta parroquia, en procura de petroglifos. Encontrou moitos, tenos anotados, e pouco a pouco váinolos descobrindo.Neste íntre non teño a súa foto, pero hei de escribiros dél abondo.
Manuel Álvarez, o Sr. Manuel do Caneiro



O bisavó de Miguel, Manuel do Caneiro era tamén un apaixonado polos nosos gravados., paixón, que herdou o seu bisneto Miguel. É posible que fora él quen adestrou a Tono, sinalándolle os petroglifos da parroquia, que él coñecía..Eran moi amigos.
É unha mágoa que estes coñecementos.vaian desaparecendo. Por iso me animei a escribir nesta bitácora "As Pedras de Taboexa falan": levo publicadas  xa cinco entradas, Prehistoria de Taboexa, Romanización de Taboexa, Cristianización de Taboexa, Arcediagado de Taboexa, O derradeiro Beneficio curato e agora anuncio o achado deste gravado rupestre.
Taboexa beno merece.. É a parroquia do Castro de Altamira, en donde hai cavernas. Podo demostralo. Sei dun burato en perpendicular de máis de 20 metros de profundidade, que posiblemente servira de ventilación, Ten sobre un metro de diámetro e está preto da croa. Foi tapado polos canteiros cunhas pedras   na década do 1950. En elas habitaron os primeiros habitantes, despois os celtas e oestrimnios.Taboexa é a parroquia dos romanos, dos suevos. En éla predicou Prisciliano. É a célula nai dos galaicos desta bisbarra. Non se estendeu ata Salvaterra, buscou os montes da Paradanta e foise propagando polos Batalláns, Noveledo e Vilacoba ata a Cernada, os Ribartemes e Setados, e coido poideran chegar ata Arbo, Crecente e Rebordechán. O deles era adicarse a caza, pesca e ó cultivo rudimentario da terra, e refuxiarse nas ladeiras dos montes. Adoraban a deusa Cal-Leach, a nai terra, quen ordenaba ós deuses do ceo enviaran chuvia cando era preciso.
Por iso crían que a auga da chuvia era sagrada, e facían unhas coviñas nas rochas, para que nelas caíse a auga de todo o ano.Con ela o druida bautizaba, ou asperxía, ós púberes, no equinoccio da Primavera, despois de preparalos debidamente. A partir deste ritual, tales chavales eran responsabeis, como adultos, ante a comunidade. De ahí que a coviña era para eles símbolo de espiritualidade.
Miguel Rodríguez Alonso, bisneto de Sr. Manuel do Caneiro.

É de gran satisfacción cata-la gran ilusión de Miguel polos gravados rupestres da parroquia. Iso quere diicir, que no futuro, Taboexa pode contar con defensores do seu Patrimonio.
Tamén podemos contar con Susana, periodista, que escribe na súa bitácora "Buscando entre la niebla" formidables temas., algúns sobre esta parroquia. Anque naceu e reside en Madrid, os seus pais son naturais de aquí. Por iso escribe a cotío sobre Taboexa. ¡O Corruncho puxa! Por certo estou en débeda con ela polos comentarios que me fixo ás entradas "Cristianización de Taboexa" e "Arcediagado de Taboexa".Gracias, Susana, xa me comunicarei contigo na páxina adecuada.

Esta rocha gravada, inclinada ó Sur-Oeste, ten 22 metros de largo por uns 8 de ancho, ou máis, porque aínda está sen limpar totalmente.. É un granito un pouco groso, polo tanto moi dado á erosión. De ahí que moitas figuras están deterioradas e outras a pique de desaparecer.
O Monte onde se atopa chámase "A Coutada". Dá pena ve-los acantilados que deixaron os canteiros. Unha gran parte da rocha foi desfeita por eles.
Feito así, ás presas, poiden contar 93 coviñas ou cazoletas e 46 cruces. Moitas están case invisíbeis, desfeitas por mor dos incendios e a erosión. Non comprendo cómo se poideron consevar as que estamos vendo, tratándose dun granito, como indiquei, un pouco groso.
Hai coviñas de tódalas medidas.. A meirande ten 25 cm. de diámetro e 10 de profundidade. Hai varias de  20 cm., de 12 cm. e de 8 cm. e o resto máis pequenas. Moitas cruces rematan os seus extremos en pequenas coviñas.
Coa teima de publicar este achado canto antes e por mor do mal tempo de inverno, non puiden examinar en condicións este fermoso gravado.. Por unha banda parece que o artista quixo deixarnos un testemuño da unión dos dous símbolos a coviña e a cruz; dese xeito, sería feito dunha soa vez, a finais do século IV da nosa Era. De feito, hai moitas cruces con pequenas coviñas, como se fora unha unión dos dous símbolos.Por outra aparecen figuras que poden  datar entre o terceiro ou segundo milenio, na antiga metalurxia de cobre. No bo tempo hai que aprecia-las que foron feitas cun obxecto lítico puntiagudo ou cun punteiro de ferro.
¿Antropoformes ou cruces?

VELAQUÍ A LENDA DAS COVIÑAS.
A gran foresta cubríase xa dun reverdecente multicolor.Os paxariños voaban ledos sobre ela, piando sen cesar.Por todas partes notábase un forte recendo de flores silvestres. A Primavera chegara ó poboado de Taboexa.
O druida, que ademáis de ser sacerdote, médico, astrónomo e filósofo era tamén bardo, e por tanto responsable da tradición oral, internábase no bosque cos púberes da comunidade, á preparalos pro ritual, que se celebraría no equinoccio da Primavera, o 21 de Marzo.
Na primeira noite, despois de bañarse con auga de rosas e mel, a carón dunha gran coviña, chea de auga, prendían unha vela de color rosa, símbolo do amor.E aprendían do seo mestre a primeira gran lección, a do AMOR. Sen él, a vida non ten sentido. O druida íalles explicando que para recibir o asperxe ou bautismo coa auga de todo o ano, que os deuses do ceo verteran naquela coviña, e os transformaría en adultos no seu interior, antes tiñan que encherse de amor. Só o amor lles daría forzas para adicarse o servizo do poboado.
Na segunda noite, despois do baño purificador, encendían outra vela de color verde, símbolo das correctas decisións. Aquela paz e silencio da noite facia que as ensinanzas do mestre chegaran ós corazóns dos rapaces.
Na terceira noite, despois do baño, prendían unha vela azul, para que a tranquilidade e a paz os acompañara . E así ata a cuarta noite que acendían unha vela amarela para pedir prosperidade
Mentres, no poboado os homes ían a caza do gamo, cervo e xabalí, para o festín conmemorativo do evento, que ía celebrarse.
As mulleres e mozas adornaban con flores a pedra ritual da coviña, no poboado.
Amence o día 21 de Marzo e todos á Pedra Ritual. Alí estaba toda a comunidade aplaudindo ós púberes que chegaban do bosque, debidamente engalanados, e cheirando a rosas e mel
E, entre vítores e aplausos, o druida vai recollendo auga da coviña, e vértea sobre a cabeza de cada puber, invocando unha pregaria ós deuses. .E todos eles quedan transformados en adultos no seu interior, con ganas de pórse ó servizo dos seus.
A festa perdurou ata fin de mes.
De ahí, que a coviña era para os galaicos un símbolo de toda a súa vida interior. E por iso mesmo deixáronas gravadas nas pedras, por donde eles estiveron.

Houbo unha gran desfeita polos pedreiros daquel entón. Arrepía ve-los acantilados, enormes acantilados, na croa do monte de Altamira, en case tódalas rochas da parroquia. ¡Un desastre1 Percorrendo o gran monte de Taboexa, nótase en calquer sitio esta acción demoledora. Eu son testemuña, porque sendo neno, contemplei nos maiores a ilusión que tiñan de sacar pedra do monte. Non había postos de traballo, e o deles era ir por postes para as viñas e pedras para facer valados.Nas pedras dos muros de Taboexa cheguei a ver coviñas e outros gravados.

Nos nosos montes hai unha morea de petroglifos sen atopar. Calquer rocha ten algo gravado. Estamos investigando; hai xente nova  e moi entusiasmada, que está axudando. Axiña vos comunicarei se algún novo gravado aparece.
Na entrada do meu blog, "Cristianización de Taboexa" xa anunciei o gravado rupestre do "Monte do Cangado" con serpentiformes diversos, en grupo, e separados, círculos, espirales, e algunha evástica. Un petroglífo precioso, digno de ser conservado e protexido.
Conste, que non estou escribindo dunha maneira especial sobre petroglifos. De momento estou chamando a atención para que todos saiban quén é Taboexa. Ata agora, parece que foi a "Cenicienta", naide tratou de fta-la súa historia, a citania de Altamira e as súas posíbeis, eu diría seguras, cavernas, e toda a súa gran riqueza en gravados rupestres.Repito, de momento, estou chamando a atención. Máis tarde, escribirei sobre cada petroglifo, a gran cantidade de cruceiros e petos das ánimas, a inmensidade de muiños e a súa historia, o lugar do Couto, que abranguía varios barrios, con xuiz propio, o seu cárcere e Monte da Forca. De momento só estou alertando e suplicando, por se algún lector, con autoridade, é quen de pór a Taboexa na peaña que lle pertence.

Taboexa agocha os petroglifos:
O da croa de Altamira, coa representación da puberdade e a Coviña ritual.
O famoso do Mouro, coa gravación dos penes e a coviña no medio,símbolo da puberdade, e a pedra ritual en forma de corazón, cunha gran coviña, que algúns confunden cunha lagareta do aceite.
No Monte Cangado, un gravado precioso de serpentiformes, que xa indiquei arriba, separadas, algunha de gran dimensión, e en grupos., círculos, algunha evástica e reticulados. Nunha esquina un só cruciforme, para mín o máis antigo.Ver entrada "Cristianización de Taboexa.
Este da Coutada , que estamos anunciando.
O da Barca, que estamos na súa prucura, e coido axiña aparecerá..
Sen esquecernos dos que están nos altos dos montes, dende o Pousadoro, ata San José de Ribarteme, como: A Cazoleira da Menora, Cara do Home, Chan da Fonte das Barbas, Cruceiro de Don Pedro cos seus cruciformes, a Laxe das Cruces, Coto dos Grifos. Hai anos, que o meu caro amigo Xuán Martínez Tamuxe os percorreu todos e publicou na revista Soberosum do Museo de Ponteareas.
Comecei a escribir nesta bitácora o 20 de Agosto do 2011. Se Deus me deixa, veredes unha man chea de cousas que agocha a nosa Terriña. Pórse a escribir sobre Taboexa é un non ter fin. É inesgotable.
É unha mágoa, que arqueólogos galegos, que teñen ecrito un bo puñado de libros sobre os petroglifos galegos, ó falar da nosa parroquia digan que "en Altamira de As Neves aparecen só uns zig-zags. Por favor, que As Neves é d'onte, do ano 1905, gracias a familia dos Sarmiento, senón aínda hoxe sería un pequeno barrio de Setados.
Taboexa ten unha entidade propia, que é TABOEXA, a célula-nai dos poboados galaicos desta bisbarra.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                          Por iso, cando se fale do Castro romanizado de Altamira, da súa historia e dos nosos gravados rupestres, hai que dicir coa boca chea, que son e pertencen a TABOEXA., quen non ten envexa ós demáis da nosa Terra, como poden ser os de Lérez, Fentáns, Sacos, Cogoludos en Paredes, Formedo en Marín, Mogor-Armenteira, Montecelo, Paredes, Forxa da vella en Leiro, e un gran etc.
E temos que darnos conta que o Patrimonio de Taboexa aínda está por descubrir.
Nestos días entereime que en Ourense apareceron varias laxes con cazoletas de varias medidas, 20, 11 e 6 cm. e a Consellería de Cultura mandou axiña un arqueólogo a investigalas.
¿ E...qué pasa con Taboexa...?
Tamén me enterei, por certo dunha gran noticia, que o I.E.M. Instituto de Estudios Miñoranos, o I.C.G. Instituto de Cerámica de Galicia e a Fundación I.T.M.A. Instituto de Materiais de Asturias, tentan converter os petroglifos do Val Miñor, escaneando con láser, en reproduccións exáctas en tres dimensións, as primeiras do mundo.Os gravados da Auga da Laxe en Gondomar, Outeiro dos Lameiros en Sabarís e Monte Tetón en Tomiño, serán os primeiros. É curioso que as rochas escanéanse sen contacto físico coa pedra e producindo fotografías en tres dimensións, recollendo todo o que poida pasar desapercibido ó ollo dos investigadores. ¡Bravo, polos do Val Miñor!
Se alguén quere contactar con eles: http://www.minhor.org----- Ou a mail:  direccion@minhor.org
Din que Mariano Rajoy Brey, o noso Presidente do Goberno de España, a pique de remata-la súa carreira de Rexistrador, andou con Alfredo García Alén envestigando o noso monte Castro de Altamira. Se é certo, él pódenos axudar un pouco a esclarece-lo das cavernas e mandar protexer os nosos gravados.Polo menos abri-lo burato de 20 metros de profundidade, para mín ventilación das cavernas, do que escribo na miña primeira entrada "Prehistoria de Taboexa" na bitácora "As Pedras de Taboexa falan"
Os de Taboexa celebramos con gran satisfacción, e dámoslle parabéns, por haber ganado por maioría absoluta nas pasadas eleccións. E desexámoslle sorte e acerto no seu mandato, nun tempo de crise e grandes dificultades.


















1 comentario: