O DERRADEIRO BENEFICIO CURATO DE SANTA MARIA DE TABOEXA
Como escribín na páxina anterior hai unha Sentencia de 23 folios, de 13 Resultandos e 8 Considerandos, que ó mesmo tempo que dá a D. Evaristo Senra Martínez o Título e Posesión do Beneficio curato de Santa María de Taboexa e o seu anexo de San Xoán de Rubiós, serve tamén para contestar a tantos documentos, enviados ó Bispado de Túi, polos veciños desta parroquia, perante máis de 100 anos. E coido, que esta sentencia, como obxectivo directo, pretende comumunicarse cos de Taboexa, para disimular en parte o mutismo hermético do Bispado perante tanto tempo. Fai un resumo dos acordos logrados nos Sínodos e Concordatos, sobretodo o de 1851.e explica a loita entre os procuradores dos opositores ó Beneficio curato, dous do Arcebispado de Santiago e D. Evaristo Senra Martínez desta Diocese de Túi.
Non sei, qué tiña Taboexa, para que cregos con parroquias propias, pelexaran entre sí, perante concurso, incluso con pleitos, dando poder a procuradores propios para a súa propia defensa e poder obter o noso Beneficio curato. Taboexa tiña que ter fama abonda.
Ademáis de indica-la permuta entre a Casa Barbeita e o duque de Soutomaior, e a anulación de Acediagado de Taboexa polo Concordato, a concesión ó Marqués de la Vega de Armijo y Mos do Castelo de Soutomaior. e outros cambios políticos, explica os altercados que tiveron os opositores ó Beneficio curato de Taboexa, mediante os seus procuradores.
O Excmo. Sr. D. Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega de Armijo y Mos e outros títulos, como padroeiro"in solidum" do Beneficio curato de Santa María de Taboexa, presenta e nombra, como cura párroco da mesma, na actual vacante, a D.Antonio Fernández y González, párroco de Fustanes, do Arcebispado de Santiago de Compostela....
E como "Acumulados: a D. Evaristo Senra Martínez, párroco de Rebordechán, nesta Diocese.
D. José Vidal, parroco de Adirán, do arcebispado de Santiago.
Os de Santiago, D. Antonio e D. José estaban representados polo procurador Besada.
D. Evaristo Senra Martínez, polo procurador Fortes.
Os tres tiveron que someterse a un exame, un concurso. "Concursillo"
E resultou, que D. Antonio Fernández y González foi descualificado, "reprobado" nos exercicios., e o procurador Fortes reclamou axiña o Beneficio curato, para D. Evaristo, que éste, sí, aprobara o exame..
E vaia a que se armou entre os dous procuradores. Rifaron e chegaron ir a pleito, para conseguir tal Beneficio curato.
Pasou moito tempo, porque daquela, tales pleitos ían moi lentos.
Pero, por fin, D. Antonio fernández González, perdeu o pleito, por "ser reprobado nos exercicios", e a Sentencia concede o Beneficio curato A D. Evaristo Senra Martínez.
| D. Evaristo Senra Martínez |
Cando foi nomeado D.Evaristo párroco de Taboexa no ano 1882 polo Sr. Marqués de la Vega de Armijo Mos e Soutomaior, nese mesmo ano tomaba posesión en Túi o bispo Don Fernando Hue Gutiérrez, 1882-1894, e como bispo novo no cargo, ordeou facer un censo do Clero Mandóuselle a cada crego un folla, en donde tiñan que cubri-la data de nacemento, bautismo, confirmación, estudios, grados académicos, ordes sagradas recibidas e cargos eclesiásticos.
D. Evaristo escribiu sobre sí mesmo, desta maneira:
CENSO DEL CLERO.
"Don Evaristo Senra Martínez, hijo de Don Fernando y Doña María, nació en Tuy el día 20 de Noviembre de 1844.
Se ordenó en Tuy de Presbítero en las témporas de Santa Lucía del año 1869
Estudió en el Seminario de Tuy 4 años de gramática, 3 de Filosofía y 5 de Sagrada Teología.
Fue ordenado en Tuy a título de patrimonio.
Fue capellán de Coro de la Santa Iglesia Catedral de Tuy. desempeñando al mismo tiempo igual cargo en las Congregaciones del Santo Cristo de la Agonía, Virgen de los Remedios, San Benito y Santa Casa de Misericordia, establecidas en la Ciudad de Tuy.
El 20 de Abril de 1870 fue nombrado Capellán interino del Regimiento de Infantería de Guadalajara.
El primero de Octubre del año 1871 renunció los Cargos anteriores por haber sido nombrado Párroco Castrense del 4º Batallón de la Guardia Civil
En doce de Marzo de 1872 fue trsladado al Batallón Provincial de Lugo y nombrado Jefe Castrense de la 2ª División de Vizcaya y Capellán del Hospital Militar de Portugalete.
El día 14 de Diciembre de 1875 renunció los Cargos anteriores por haber tomado posesión del Curato de Santa María de Rebordechán de la Presentación del Sr. Marqués de la Vega de Armijo.
Renunció este cargo de Párroco de Rebordechán, por haber sido nombrado para el Beneficio curato de Santa María de Taboeja, por el mismo patrono el Sr. Marqués de la Vega de Armijo, Mos y Sotomayor, del que tomó posesión el 1º de Mayo del año 1882.
Tiene licencias para celebrar, confesar y predicar en todo el Reyno de Portugal, las tiene, además de su Obispado, de los de Victoria, Santander, Burgos, Valladolid, y de absolver resevados sinodales, y confesar monjas en el Obispado de Orense.
Taboeja, 19 de Noviembre de 1882.
Firma. Evaristo Senra Martínez.
Estivo de capelán castrense case 6 anos. dende o 20 de Abril de 1870 ata o 14 de Decembro de 1875.
E de párroco de Rebordechan, case 7 anos, dende o 14 de Maio de 1875 ata o 1º de Maio de 1882..
Posibemente iría com él á parroquia de Rebordechán a súa irmá Encarnación, quen axiña casou alí con Roque Fernández Parada, fillo do licenciado en leis, Ramón Fernández Teijeiro. Tiveron seis fillos, Evaristo Jaime, Enrique, Francisco,Sara, María e Castor.. No bautizo dun deles Evaristo Jaime; foron de padriños D. Evaristo Senra Martínez e a súa nai, a avóa materna do bautizado, María Martínez. Tres dos fillos deste matrimonio foron a estudiar ó Seminario de Túi. e chegaron a ser cregos. Dous deles, Evaristo e Enrique, estiveron, recén saidos de ordenarse cregos, nesta parroquia, como axudantes de seu tío.
Hai que ver as coincidencias da vida. D. Evaristo tiña o bó costume de escribir de vez en cando nos libros de bautizados algún acontecemento importante da parroquia. En Decembro de 1906, escribe:
Están asignados a esta iglesia parroquial de Santa María de Taboeja, como sacerdotes:
D. Manuel Míguez Troncoso.
D. Ambrosio Rodríguez Estévez.
D. Evaristo Fernández Senra.
D. Enrique Fernández Senra.
D. José Domínguez Fortes
D. Evaristo Senra Martínez, párroco.
D. Manuel Míguez Troncoso era meu tío, irmán de meu pai. E D. José Domínguez Fortes, "O Cambra", así chamado na parroquia, polo segundo apelido de seu pai. Eu sabía que D. Manuel, meu tío, e D. José, eran condiscípulos, foran para o Seminario, enviados por D. Ambrosio Rodríguez Estévez, irmán da avoa de D. José, Carmen Rodríguez Estévez. Pero o que non sabía era que os tres sobriños de D. Evaristo, meu tío Manuel e D. José, "O Cambra, eran tamén condiscípulos, e foron ordenados cregos xuntos. Cando fai a relación D. Evaristo, viñan do Seminario recén ordenados.
D. Evaristo Jaime Fernández Senra, naceu na parroquia de Santa María de Rebordechan, lugar Do Pazo, Creciente, 0 24 de Xullo de 1885. Estudiou nunha pasantía en Arbo, e Filosofía e Teoloxía no Semonario de Túi. Foi cuadxutor de Taboexa. ecónomo de Corzáns, e de San Mamede de Vilar e párroco de San Felix de Lougares, e o seu anexo Santa María de Queimadelos,Marzo de 1919. , e encargado de San Esteban de Casteláns.. Faleceu o 22 de Xullo de 1949.
Enrique Fernández Senra, naceu en Rebordechán o 23 de Febreiro de 1887. Estudiou no Seminario de Túi, como interno.Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Natividad de 1912.. Cuadxutor de Taboexa dende 1912 ata o 25 de Outubro de 1922, en que foi nomeado párroco de Cequiliños.Foi nomeado máis tarde párroco de Torroso, e alí faleceu repentinamente na casa rectoral o 4 de Xaneiro de 1938, ós 51 anos.
D. Francisco Fernández Senra. Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Pasión do ano 1911. Foi nomeado capelán do barrio de San Antonio de Arbo. De momento non puiden investigar a data de nacemento. Parece que D. Enrique e D. Francisco eran xemelgos. Faleceu o 2 de Decembro de 1919. De ser así, morreu ós 32 anos
É emocionante a toma de posesión, redactada e escrita polo notario, que era un irmán de D. Evaristo, D. Basilio Senra Martínez.
En la parroquia de Santa María de Taboeja y atrio de su Iglesia, a primero de Mayo de mil ochocientos ochenta y dos, D. José González Barros, Cura Ecónomo de esta misma, por ante mí Notario, dijo: Que habiendo visto el Título antecedente de Don Evaristo Senra y Martínez, con el que fue requerido para la toma de posesión del Beneficio Curato de esta parroquia, y de leido que fue a la puerta principal de la Iglesia en presencia de una concurrencia de vecinos, tomó por la mano al dicho Don Evaristo Senra y Martínez, le introdujo en ella y le llevó al Altar Mayor, en donde, arrodillados, hicieron oración, y en seguida se trasladaron a la sacristía, se revistieron y volvieron al Altar Mayor, y de hechas las genuflexiones correspondientes, con la debida reverencia, abrió los corporales, abrió y cerró con la llave la custodia que registró y tocó, y lo mismo ha visto y tocado la piedra de Ara, cáliz, patena, vinajeras y más ornatos clericales, abrió el misal y lo volvió a cerrar.
Hecho esto pasó al púlpito y de allí a la pila bautismal, la reconoció y lo mismo las ampollas y Sagrados Oleos, tocó las campanas y finalmente practicó otras ceremonias propias de este acto.
Seguidamente se hizo igual operación en la Iglesia parroquial de San Juan de Rubiós, anejo de ésta de Santa María de Taboeja.
En virtud de lo cual el Señor Comisionado dió y hubo por dada al pronotado D. Evaristo Senra Martínez la posesión real, corporal, actual, civil, de dichas iglesias y mandó que usase de ellas y de su derecho.....Fueron testigos:
"Anota D. Evarissto Senra no libro de bautizados en Maio de 1882:
Al tomar posesión del curato admiré la bóveda de la Iglesia y noté la falta del altar mayor pues solo existe un cuadro que contenía pintada un lienzo de la Santa Virgen de la Concepción que se halla en la sacristía".
Determinou facer unha reforma do altar maior e da igrexa.Cooperou todo o pobo, aportando traballo e madeira. D. Juan Cambra Rodríguez, do que escribín na entrada anterior, deu un castiñeiro de 7 metros de largo e 75 centímetros de espesura. Por outra banda, D, Evaristo era carpinteiro-ebanista, delineante,pintor, escultor e músico.Non me estraña que él mesmo fixera o esbozo ou deseño do retablo e axudara a construi-lo.
Esta é a reforma do altar maior despóis do Concilio Vaticano II. O único que se conserva do antigo retablo é a recuberta ou forrnelo do Sagrario. Eu recordo no antigo retablo catro grandes columnas coas súas basas e capiteis, dourados, así como tódalas demáis molduras. O resto estaba pintado dun branco-mate.
Hai poucos días fun a Rebordechán, e o mira-lo retablo, representóuseme o de Taboexa . É posible, que D. Evaristo fora tamén o atífice do retablo de esa parroquia.
E, en Rebordechán, cando estaba con esta lideira das fotos, me encontro con Castor Roque Garabatos Fernández, un neto do tal Castor, irmán dos tales cregos e por tanto sobriño tamén de D. Evaristo Senra. Castor casou con Dolores Parcero Magariños, filla dos condes Magariños de Cangas, e tiveron 20 fillos. Unha filla deste matrimonio foi a nai de Castor Roque, o que coñecemos. hai uns días, na parroquia de Rebordechán, quen tivo a amabilidade de levarnos á súa casa para contarnos esta intrigante historia.¡Qué cousas depara a vida!.
Dicía que foi pintor D. Evaristo, porque contemplei perante anos, e tamén axudei a armar, unha man chea de pezas de madeira, que cubrían todo o retablo na semana de Pasión e toda a Semana Santa.Recordo que había varias táboas recortadas en forma de imáxens, pertencentes ó Antigo Testamente. Nas esquinas estaban os catro grandes profetas, Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel. Adiante, no presbiterio, Abraham, Isaac e Judiht e posiblemente algunhas máis. Moi ben pintadas as figuras. Daba a sensación de que voltabamos ó antigo Testamento para volver a vivir a Pasión de Criso e a súa Resurrección de novo.
Contáronme os de Rubiós, que tamén alí había, as tales figuras, o mesmo que en Taboexa.
Non sei, qué foi feito de toda esta obra de arte. Desapareceron námbolas parroquias. Non creo fora a traza ou carcoma.Posiblemente , algún anticuario.
Esta escultura do Nazareno, foi tallada por D. Evaristo Senra. Estaba exposta no xardín que está ó lado da entrada da Rectoral, onde, aínda hoxe, segue existindo unha palmeira. Ó lado dela había tamén unha pía. enriba dun pedestal, bonita pía por certo. Todo isto foi espoliado. A estátua foi arrancada do seu sitio no ano 1966 polo Concello das Neves, posiblemente coa autorización do entón cura ecónomo.É unha pena se rompera o seu pedestal; vese que está remendado con pezas novas. Unha mágoa, repito, porque en él estaba escrito que "Este cristo fora feito polo abad D. Evaristo Senra Martínez no ano..."
Pois esta é a proba de que D. Evaristo era escultor.
Esto é un proxecto da escalinata de Rubiós que baixa ata Igrexa., feito por D. Evaristo.Fixo tamén os planos da casa de Obra, que máis tarde serviu de casa rectoral., hoxe destruida. Era un bo delineante.
Tamén era músico. De capelán castrense, perante 6 anos, non só aprendeu música senón que chegou a tocar nas bandas militares. E, observando as habilidades musicais da xente de Rubiós, animouse a fundar nesa parroquia unha banda popular de Música. Ía con frecuencia a Madrid; alí tiña amigos políticos e militares, soltou a idea, e recolleu instrumentos abondo para dúas bandas. E fundou axiña a banda popular de Rubiós e a Banda de As Neves. A de As Neves, por mor da emigración veuse á baixo, pero a de Rubiós persistiu, ata o día de hoxe.
Penso publicar unha entrada referente a este tema: Rubiós e a súa Banda Popular, fundada por D. Evaristo.
O que está sentado, co seu xerro de viño, paréceme Francisco de María Rosa, o avó de Gonzalo e irmáns, o noso veciño máis achegado, a quen eu observei moitas veces montado no seu cabalo, camiño de As Neves para face-la súa compra na praza. Un home alegre, traballador e honrado, a quen eu admiraba e quería de verdade.
Jerónimo Rodríguez Álvarez, fillo de Juan Antonio e María Rosa, natural de Rubiós, casou en Taboexa con Enarnación Fortes Rodríguez, viúva de Manuel Rodríguez Cambra, que vivía en Altamira. Este tal Jerónimo, tamén músico, era moi amigo de D. Evaristo Senra, e axudouno moito a pór en marcha a Banda Popular de Rubiós.
San Xoán de Rubiós, anexo de Taboexa dende sempre,, independizouse no ano 1904. Así anota no libro de bautizados D. Evaristo:
"En esta fecha empieza el arreglo parroquial llevado a cabo por el Ilmo. Sr. D. Valeriano Menéndez Conde. Primero de Julio de 1904".
D. Valeriano Menéndez Conde, foi bispo de Túi, dende 1894 ata 1914.
D. José Ubeira y Ubeira foi ecónomo de Rubiós dende o primeiro de Xullo de 1904 ata o 23 de Febreiro de 1905 en que comezou a rexenta-la parroquia D. Victor Vidal Cal, xa como párroco propio
.
No 7 de Novembro de 1895 inaugurábase este Cemiterio en Taboexa, hoxe en desuso, chámase o antigo cemiterio. O primeiro cadaver, que se enterrou nel, foi o de Manuel Fernández Rodríguez,de 62 anos, viúvo de María Rodríguez, fillo de Francisco e María, quen faleceu por parálise estomacal.
Antes, enterrábase no Adro.
Debaixo deste altar está a sepultura de D. Evaristo Senra Martínez. Vemos dous cirios e a súa fotografía.. Era moi amigo da familia de Fernández Sobral, da feira da Carrasqueira, e concedéronlle a sepultura máis importante da capela , a que está en fronte, debaixo do altar, no cimeterio vello.
É curioso, que aínda hoxe, a 86 anos da súa morte, esta familia persista expoñendo a súa fotografía e lle prenda cirios tódolos sábados, ano tras ano. Na actualidade é Rosa, a sobriña do perito D.Antonio Fernández Sobral, ou Maribel, a sobriña de Rosa, as que corren con este cargo.
Partida de defunción:
"En la parroquia de Santa María de Taboeja en el dia 22 de Junio de 1925, D. Evaristo Senra Martínez falleció el día 21 a las siete de la tarde en la casa rectoral a consecuencia de una afección cardíaca a la edad de 81 años, natural de la ciudad de Tuy, hijo legítimo de de D. Fernando y Dña. María. Fue sepultado el día 22 a las siete de la tarde.. Se celebraron los funerales el día 23. Asistieron 12 sacerdotes. Fueron testigos los párrocos:
D. José Fernández Martínez, de Meder.
D. Manuel Perez Martínez, de Leirado.
D. José Rodríguez Montero, de Rubiós.
D. Mariano Araujo, de Ribarteme."
Cando tomou posesión, como párroco desta parroquia tiña 38 anos. Morreu ós 81 anos. Botou por tanto 43 anos ó servicio da parroquia.
Neste ano 1925 houbo na parroquia 13 defuncións.
&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
Para deixar un bo sabor de boca, permitídeme que conte unha anécdota de D. Evariso Oína a moitos cregos e veciños. Por iso coido foi verdade..
A súa nai, ó inviuvar, vivía con él na rectoral. E unha rapaza, bastente espelida, axudaballe en algunhas cousas, sobre todo para coida-lo cabalo..
D. Evaristo, anque era crego, tamén era político e militar. E acostumaba ir a Madríd, de cando en cando, para estar cos seus amigos, traer algún instrumento musical para a banda de música de Rubiós ou unha axuda económica.. E a rapaza ía con él ata estación de F.C. das Neves, cada quen no seu cabalo, co fin de trae-las dúas bestas de volta.
Un día foron escasos de tempo. Mesmo estaban na estación cando o tren comeza a pitar para indica-la súa posta en marcha, facendo aquel clásico e atronador ruído dunhas máquinas movidas a carbón. E D. Evaristo tivo a ocorrencia de dicirlle á rapaza: " corre, e dille ó tren, que pare, que vou eu".
A rapaza, que para ela D. Evaristo era a persoa máis interesante do mundo, non dubidou, puxo o cabalo a galope, e correndo á par, gritaba a todo pulmón: "pare, señor tren, pare, que velaí ven o Señor Abade de Taboexa". O tren non lle fixo caso e retorna a rapaza moi anoxada..
D. Evaristo, o xefe da estación e máis que estaban a carón rebentaban coa risa.
CENSO DEL CLERO.
"Don Evaristo Senra Martínez, hijo de Don Fernando y Doña María, nació en Tuy el día 20 de Noviembre de 1844.
Se ordenó en Tuy de Presbítero en las témporas de Santa Lucía del año 1869
Estudió en el Seminario de Tuy 4 años de gramática, 3 de Filosofía y 5 de Sagrada Teología.
Fue ordenado en Tuy a título de patrimonio.
Fue capellán de Coro de la Santa Iglesia Catedral de Tuy. desempeñando al mismo tiempo igual cargo en las Congregaciones del Santo Cristo de la Agonía, Virgen de los Remedios, San Benito y Santa Casa de Misericordia, establecidas en la Ciudad de Tuy.
El 20 de Abril de 1870 fue nombrado Capellán interino del Regimiento de Infantería de Guadalajara.
El primero de Octubre del año 1871 renunció los Cargos anteriores por haber sido nombrado Párroco Castrense del 4º Batallón de la Guardia Civil
En doce de Marzo de 1872 fue trsladado al Batallón Provincial de Lugo y nombrado Jefe Castrense de la 2ª División de Vizcaya y Capellán del Hospital Militar de Portugalete.
El día 14 de Diciembre de 1875 renunció los Cargos anteriores por haber tomado posesión del Curato de Santa María de Rebordechán de la Presentación del Sr. Marqués de la Vega de Armijo.
Renunció este cargo de Párroco de Rebordechán, por haber sido nombrado para el Beneficio curato de Santa María de Taboeja, por el mismo patrono el Sr. Marqués de la Vega de Armijo, Mos y Sotomayor, del que tomó posesión el 1º de Mayo del año 1882.
Tiene licencias para celebrar, confesar y predicar en todo el Reyno de Portugal, las tiene, además de su Obispado, de los de Victoria, Santander, Burgos, Valladolid, y de absolver resevados sinodales, y confesar monjas en el Obispado de Orense.
Taboeja, 19 de Noviembre de 1882.
Firma. Evaristo Senra Martínez.
Estivo de capelán castrense case 6 anos. dende o 20 de Abril de 1870 ata o 14 de Decembro de 1875.
E de párroco de Rebordechan, case 7 anos, dende o 14 de Maio de 1875 ata o 1º de Maio de 1882..
![]() |
| Iglesia de Santa María de Rebordechán |
Posibemente iría com él á parroquia de Rebordechán a súa irmá Encarnación, quen axiña casou alí con Roque Fernández Parada, fillo do licenciado en leis, Ramón Fernández Teijeiro. Tiveron seis fillos, Evaristo Jaime, Enrique, Francisco,Sara, María e Castor.. No bautizo dun deles Evaristo Jaime; foron de padriños D. Evaristo Senra Martínez e a súa nai, a avóa materna do bautizado, María Martínez. Tres dos fillos deste matrimonio foron a estudiar ó Seminario de Túi. e chegaron a ser cregos. Dous deles, Evaristo e Enrique, estiveron, recén saidos de ordenarse cregos, nesta parroquia, como axudantes de seu tío.
Hai que ver as coincidencias da vida. D. Evaristo tiña o bó costume de escribir de vez en cando nos libros de bautizados algún acontecemento importante da parroquia. En Decembro de 1906, escribe:
Están asignados a esta iglesia parroquial de Santa María de Taboeja, como sacerdotes:
D. Manuel Míguez Troncoso.
D. Ambrosio Rodríguez Estévez.
D. Evaristo Fernández Senra.
D. Enrique Fernández Senra.
D. José Domínguez Fortes
D. Evaristo Senra Martínez, párroco.
D. Manuel Míguez Troncoso era meu tío, irmán de meu pai. E D. José Domínguez Fortes, "O Cambra", así chamado na parroquia, polo segundo apelido de seu pai. Eu sabía que D. Manuel, meu tío, e D. José, eran condiscípulos, foran para o Seminario, enviados por D. Ambrosio Rodríguez Estévez, irmán da avoa de D. José, Carmen Rodríguez Estévez. Pero o que non sabía era que os tres sobriños de D. Evaristo, meu tío Manuel e D. José, "O Cambra, eran tamén condiscípulos, e foron ordenados cregos xuntos. Cando fai a relación D. Evaristo, viñan do Seminario recén ordenados.
![]() |
| D. Evaristo e os seus sobriños Evaristo e Enrique, estudiantes. |
Enrique Fernández Senra, naceu en Rebordechán o 23 de Febreiro de 1887. Estudiou no Seminario de Túi, como interno.Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Natividad de 1912.. Cuadxutor de Taboexa dende 1912 ata o 25 de Outubro de 1922, en que foi nomeado párroco de Cequiliños.Foi nomeado máis tarde párroco de Torroso, e alí faleceu repentinamente na casa rectoral o 4 de Xaneiro de 1938, ós 51 anos.
D. Francisco Fernández Senra. Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Pasión do ano 1911. Foi nomeado capelán do barrio de San Antonio de Arbo. De momento non puiden investigar a data de nacemento. Parece que D. Enrique e D. Francisco eran xemelgos. Faleceu o 2 de Decembro de 1919. De ser así, morreu ós 32 anos
![]() |
| D José Domínguez Fortes, "O Cambra" |
| D. Manuel Míguez Troncoso, meu tío |
En la parroquia de Santa María de Taboeja y atrio de su Iglesia, a primero de Mayo de mil ochocientos ochenta y dos, D. José González Barros, Cura Ecónomo de esta misma, por ante mí Notario, dijo: Que habiendo visto el Título antecedente de Don Evaristo Senra y Martínez, con el que fue requerido para la toma de posesión del Beneficio Curato de esta parroquia, y de leido que fue a la puerta principal de la Iglesia en presencia de una concurrencia de vecinos, tomó por la mano al dicho Don Evaristo Senra y Martínez, le introdujo en ella y le llevó al Altar Mayor, en donde, arrodillados, hicieron oración, y en seguida se trasladaron a la sacristía, se revistieron y volvieron al Altar Mayor, y de hechas las genuflexiones correspondientes, con la debida reverencia, abrió los corporales, abrió y cerró con la llave la custodia que registró y tocó, y lo mismo ha visto y tocado la piedra de Ara, cáliz, patena, vinajeras y más ornatos clericales, abrió el misal y lo volvió a cerrar.
Hecho esto pasó al púlpito y de allí a la pila bautismal, la reconoció y lo mismo las ampollas y Sagrados Oleos, tocó las campanas y finalmente practicó otras ceremonias propias de este acto.
Seguidamente se hizo igual operación en la Iglesia parroquial de San Juan de Rubiós, anejo de ésta de Santa María de Taboeja.
En virtud de lo cual el Señor Comisionado dió y hubo por dada al pronotado D. Evaristo Senra Martínez la posesión real, corporal, actual, civil, de dichas iglesias y mandó que usase de ellas y de su derecho.....Fueron testigos:
"Anota D. Evarissto Senra no libro de bautizados en Maio de 1882:
Al tomar posesión del curato admiré la bóveda de la Iglesia y noté la falta del altar mayor pues solo existe un cuadro que contenía pintada un lienzo de la Santa Virgen de la Concepción que se halla en la sacristía".
Determinou facer unha reforma do altar maior e da igrexa.Cooperou todo o pobo, aportando traballo e madeira. D. Juan Cambra Rodríguez, do que escribín na entrada anterior, deu un castiñeiro de 7 metros de largo e 75 centímetros de espesura. Por outra banda, D, Evaristo era carpinteiro-ebanista, delineante,pintor, escultor e músico.Non me estraña que él mesmo fixera o esbozo ou deseño do retablo e axudara a construi-lo.
Esta é a reforma do altar maior despóis do Concilio Vaticano II. O único que se conserva do antigo retablo é a recuberta ou forrnelo do Sagrario. Eu recordo no antigo retablo catro grandes columnas coas súas basas e capiteis, dourados, así como tódalas demáis molduras. O resto estaba pintado dun branco-mate.
Hai poucos días fun a Rebordechán, e o mira-lo retablo, representóuseme o de Taboexa . É posible, que D. Evaristo fora tamén o atífice do retablo de esa parroquia.
![]() |
| Retablo maior da Igrexa de Rebordechán |
E, en Rebordechán, cando estaba con esta lideira das fotos, me encontro con Castor Roque Garabatos Fernández, un neto do tal Castor, irmán dos tales cregos e por tanto sobriño tamén de D. Evaristo Senra. Castor casou con Dolores Parcero Magariños, filla dos condes Magariños de Cangas, e tiveron 20 fillos. Unha filla deste matrimonio foi a nai de Castor Roque, o que coñecemos. hai uns días, na parroquia de Rebordechán, quen tivo a amabilidade de levarnos á súa casa para contarnos esta intrigante historia.¡Qué cousas depara a vida!.
Dicía que foi pintor D. Evaristo, porque contemplei perante anos, e tamén axudei a armar, unha man chea de pezas de madeira, que cubrían todo o retablo na semana de Pasión e toda a Semana Santa.Recordo que había varias táboas recortadas en forma de imáxens, pertencentes ó Antigo Testamente. Nas esquinas estaban os catro grandes profetas, Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel. Adiante, no presbiterio, Abraham, Isaac e Judiht e posiblemente algunhas máis. Moi ben pintadas as figuras. Daba a sensación de que voltabamos ó antigo Testamento para volver a vivir a Pasión de Criso e a súa Resurrección de novo.
Contáronme os de Rubiós, que tamén alí había, as tales figuras, o mesmo que en Taboexa.
Non sei, qué foi feito de toda esta obra de arte. Desapareceron námbolas parroquias. Non creo fora a traza ou carcoma.Posiblemente , algún anticuario.
Esta escultura do Nazareno, foi tallada por D. Evaristo Senra. Estaba exposta no xardín que está ó lado da entrada da Rectoral, onde, aínda hoxe, segue existindo unha palmeira. Ó lado dela había tamén unha pía. enriba dun pedestal, bonita pía por certo. Todo isto foi espoliado. A estátua foi arrancada do seu sitio no ano 1966 polo Concello das Neves, posiblemente coa autorización do entón cura ecónomo.É unha pena se rompera o seu pedestal; vese que está remendado con pezas novas. Unha mágoa, repito, porque en él estaba escrito que "Este cristo fora feito polo abad D. Evaristo Senra Martínez no ano..."
Pois esta é a proba de que D. Evaristo era escultor.
Esto é un proxecto da escalinata de Rubiós que baixa ata Igrexa., feito por D. Evaristo.Fixo tamén os planos da casa de Obra, que máis tarde serviu de casa rectoral., hoxe destruida. Era un bo delineante.
Tamén era músico. De capelán castrense, perante 6 anos, non só aprendeu música senón que chegou a tocar nas bandas militares. E, observando as habilidades musicais da xente de Rubiós, animouse a fundar nesa parroquia unha banda popular de Música. Ía con frecuencia a Madrid; alí tiña amigos políticos e militares, soltou a idea, e recolleu instrumentos abondo para dúas bandas. E fundou axiña a banda popular de Rubiós e a Banda de As Neves. A de As Neves, por mor da emigración veuse á baixo, pero a de Rubiós persistiu, ata o día de hoxe.
Penso publicar unha entrada referente a este tema: Rubiós e a súa Banda Popular, fundada por D. Evaristo.
| Esta foi a primeira vez que actuou a Banda Popular de Rubiós na festa de Sandomedio de Taboexa un 7 de Agosto. |
Jerónimo Rodríguez Álvarez, fillo de Juan Antonio e María Rosa, natural de Rubiós, casou en Taboexa con Enarnación Fortes Rodríguez, viúva de Manuel Rodríguez Cambra, que vivía en Altamira. Este tal Jerónimo, tamén músico, era moi amigo de D. Evaristo Senra, e axudouno moito a pór en marcha a Banda Popular de Rubiós.
![]() |
| Igrexa de Rubiós |
"En esta fecha empieza el arreglo parroquial llevado a cabo por el Ilmo. Sr. D. Valeriano Menéndez Conde. Primero de Julio de 1904".
D. Valeriano Menéndez Conde, foi bispo de Túi, dende 1894 ata 1914.
D. José Ubeira y Ubeira foi ecónomo de Rubiós dende o primeiro de Xullo de 1904 ata o 23 de Febreiro de 1905 en que comezou a rexenta-la parroquia D. Victor Vidal Cal, xa como párroco propio
![]() |
| Cemiterio vello de Taboexa |