A  MODO  DE  LIMIAR
Escribir verbo as mámoas de Taboexa, os seus anexos, e  os pasos evolutivos que se deron para enterrar dentro das igrexas, nos adros e  máis tarde nos cemiterios, non tería creto se non se enmarca  dentro da  historia de Gallaecia, de donde sae o fío para decatarnos enteiramente do tema.
Sei que ler historia, anque sexa en pequenos resumos,  resulta un pouco arduo para o lector. Ademáis historia da que escribín abondo  noutros traballos publicados neste blog. Pero é a única maneira da facelas  cousas ben.
Coido quedaredes compracidos, porque vou a contar  cousas inéditas da nosa parroquia, que naide sabe, Unhas vinas daquela. Outras  estounas descubrindo hoxe.
Aproveito  para saudar e dar as grazas aos meus  lectores, que acotío visitan este blog.
.
.
POSIBLE  ETIMOLOXÍA, OU CASE SEGURA,   DO  TOPÓNIMO  "TABOEXA".
Ó chegaren os romanos ao noso poboado e ollaren para  os nosos montes, unha ámpla e impresionante  arboreda de color verde de  varias tonalidades coa súa  abraiante gama de flores silvestres, entre  elas as do toxo e xestas, quedaron impresionados e exclamaron:  "Tabulata... Tabulatela...Tabulela"
"Tabulata" de tabulata, orum, era unha  alfombra de gamallos de árbores de cor verde, na que non faltaban pólas de  oliveiras e de palmeiras coa que os romanos adornaban a vía por donde ía  desfilar o emperador co seu exército para celebrar algún triunfo.
|  | 
| Monte Castro de Altamira | 
Desde entón ao noso poboado quedoulle o nome de  "Tabulatela", que quere dicir parecido á Tabulata, Co tempo foise simplificando  en "Tabulela".
| Monte Castro de Altamira | 
Na entrada "Romanización en Taboexa" escibín  verbo o "Obradoiro Metalurxico" romano, cerámicas e un astaleiro onde  fabricaban barcas pequenas de pesca, doliums de madeira de gran tamaño para  transportar neles lampreas do río Miño para Roma, Sellas tamén baldes para auga e  demáis utensilios. En cerámica facían tamén doliums e unha morea de pezas  necesarias para o fogar. A diferenza entre ·sella" e balde está  en que a sella é só para a auga e o balde serve tamén para medir líquidos e áridos.
..
..
| 
                                           Unhas mostras de moitas no Museo de Ponteareas | 
O "obradoiro metalúrxico estaba ubicado no Monte Castro de Altamira. O astaleiro e cerámica no lugar da "Rata". Aínda perdura o nome ata hoxe, Rata ven do vocábulo latino ratis, is, que significa barca pequena, e "Rata",o obradiro onde se fabricaban. Da mágoa que lle chamen oficialmente a este barrio "As Barreiras" de donde sacaban o barro, e non "A Rata" como se chamou sempre, onde fabricaban as pezas
| 
                                            Dúas mostras de tantas no museo de Pontevedra | 
|  | 
| Mercurio | 
Todas estas mostras e moitisimas máis que locen nas  vitrinas dos museos de Pontevedra e Ponteareas proceden das distintas  excavacións no noso Monte Castro de Altamira.
Non viñeron os romanos a España para dominala, senón  para extraer dela ouro, chumbo e toda materia prima que consideraban de  interese..
Rematadas as tres grandes vías: XVIII, XIX e XX, que  enlazaban os tres conventus: "Bracara Augusta" Braga, "Lucus  Augusti" Lugo e "Asturica Augusti" Astorga, transportaban o  material a Braga, facendo dela un centro comercial moi importante dende o século  I ata o V. Alí amoreaban o ouro e había grandes exposicións de cerámicas,  metalurxia e de madeira como barcas, carros, doliuns, sellas,baldes... Ata os  lusitanos tiñnan unha  fábrica de "lucernas", lucindo alí a súas propias mostras.
Para gardar toda aquela riqueza, sobre todo o ouro, estaba  a lexión "Gemina" e a Cohorte I de Gallaecia.
Segúndo Tito Livio a Lexión romana constaba de 5.200 a  6000 soldados de infantería e 300 xinetes, e A Cohorte, de 5 centurias dobres,  1000 soldados. Podedes supor a gran cantidade de xente , non só  soldados  senón a inmensa cantidade de pousadas, tabernas, e tanta xente mercando e  vendendo.
| 
Vexillum romanum | 
En Taboexa existe un monte e un barrio chamados  "Custoura". Coido que na aba de ese monte había unha gran morea de  ouro que ían xuntando dos nosos montes, custodiada por soldados dia e noite  mentres non fose transportada.. Por iso "Custoura" pode ter o seu  étimo en "Custodia auri".
Este ouro, e todo o que fabricaban en Taboexa, na  metalurxia, cerámica e astaleiro, íano transportando en carretas a Braga, non  sen antes gravar o seu lugar de orixe: "In Tabulela factum"
O Papa Xoan III convocou o Primeiro Concilio de Braga,  ano 561, que presidiu San Martiño Dumiense e asistíu tamén o rei suevo  Teodomiro, que aprovitou para redactar o documento "Divisio Teodomiri",  ou "Parroquiale suevorum", na que fai unha relación de bispos e  parroquias de Gallaecia. Anque se chama "parroquiale" hai quen opina  que foi unha simple división feita polo rei. Na diocese de Tui ,entre 11 parroquias e 6 pagus nomea de terceira a  "Tabulela" Taboexa, despois de Tuy e Turedo.
Iso proba que Teodomiro coñecía este noso poboado por  ler no comercio de Braga o gravado das nosas mercancía: "In Tabulela  factum".E tamén demostra, o que máis arriba dixen, que o topónimo  "Tabulela" débese aos romanos.Anque non debemos esquecer, que, dende  tempos antiquísimos, tiña outro nome indoeuropeo, que se perdeu nos tempos,  despois de máis de tres séculos de romanización.
Nota. Ver entradas " Romanización en  Taboexa" e Cristianización en Taboexa. www.taboexa.es.
========================================================================
PERFÍS DA PREHISTORIA DE TABOEXA.
Fixen este breve resumo da romanización para  centrarnos no noso poboado, nomeado polos romanos  "Tabulela"  Taboexa. D. Ramón Rodríguez Otero, cando afirma, na súa obra As Neves, Taboexa,  Historia e Arte, que "Tabulela" veiña de táboa,, unha táboa alargada,  que ía dende o río Uma ata o Miño, non se deu conta que, daquela, non existían  parroquias, nen tampouco deslindes ou límites. Taboexa era tan ampla, que  abarcaba todo o Paradanta e o cordal dende Guillade ata Rebordechán, e poboados  allende e aquende o Miño. Todos estes poboados, e posiblemente o achado nas  Gándaras de Budiño mais o do Porto maior das Neves é moi posible foran descendentes dos habitantes do noso  Monte Castro, tornándose en poboados durante decenas de miles de anos.D. Ramón Rodríguez Otero confunde o séc.VI co XVI. 
É de resaltar aquí o que afirma JoséCarbajal Sobral,  na súa gran obra- tesis- sobre "Los Concilios de Braga en los siglos VI y  VII, reflejo de la vida en la Gallaecia de la época" na "Divisio  Teodomiri" ao incluir o rei suevo na lista a Tabulela,  afirma:"Tabulela , la zona de la actual Taboexa con las estivaciones de  los montes de Paradanta, ríos Termes y Cea".
O pobodo das Gándaras de Budiño foi descuberto en 1973. Segundo Ramón Villares, catedrático da Universidade de Santiago: "Atopáronse unhas 700 pezas de seixo e cuarcita, resto de fogares ao ar libre, e mesmo talleres onde se fabricaban estos útiles líticos. Polo método radiocarbónico se datou esta estación prehistórica entre os anos 26000 ou 18000 a. de C.. As Gándaras de Budiño apreséntanse coma un campamento de bandas de cazadores, que practica unha economía depredativa onde o home caza cervos, corzos e elefantes, mentres que a muller apaña froitos silvestres.Afirma Menéndez Pidal, Na súa Obra "Toponimia Prerrománica Hispana, páx. 76, que "Gándara emparenta coa voz preindoeuropea ganda=pedregal). O achado do Coto Maior das Neves, ten parecido co das Gándaras.
Na entrada "Prehistoria de taboexa", que vos animo a que leades, escribín que os primeiros habitantes de Taboexa poden remontárse ao Paleolítico superior. Comezaron a vivir nas amplas covas que esconde o noso monte Castro de Altamira, que entón se chamaría doutra maneira. "Altamira" é un topónimo romano, de altum,i, lugar alto, e mirus,a,um= a maravilloso, que en plural neutro "Alta mira" significa :Altos maravillosos.O mesmo nome teñen as Covas de Altamira de Santander Pero antes tiñan outro topónimo, que se perdeu.
 Pero é posible que nas mesmas datas do poboado das Gándaras  de Budiño xa houbera  asentamento humano nas covas do noso monte Castro de  Altamira. Despois virían os oestrimnios, celtas e do interior da Península, ,  aumentando a poboación.
Tódolos  nomes de poboados foron trocados por  outros durante a dominación romana. Anque, en Taboexa parece que algúns  topónimos prerromanos persisten como reliquias do pasado. Así temos o monte  "Esperón" que sinifica vida,  -fai referencia aos dous sexos-;  parece que os emigrantes galegos expandiron este nome por América Central, e  moitos aceptárono como apelido. O monte "Tambo" e os montes máis  altos do Paradanta, a 954 m. sobre o nivel do mar, chamados "Montes  Canda", que Fernando Cabeza Quiles, na súa obra "Topónimos de Galicia  di poida provir da verba prerromana, cand ou cant= pedra, en este caso = Montaña Rocosa..Desa verba proceden: canto, canto  rodado, canteiro etc... Tamén existe un barrio, chamado  "Corneda", que segundo algúns escritores ven de dúas verbas  indoeurpeas: "Kor"= corno orográfico, e "Neto", un deus celta,  en este caso significaría "Monte de Neto".
No "Neolítico"- 4000 a 3000 anos a. de C.-  descúbrese unha nova forma de traballala pedra: "o puíla", e chégase  ao descubrimento da agricultura e gandería, pasando do "nomadismo  paleolítico" a un "sedentarismo" = poboado estable, dando paso a  novas formas culturais.. Unha delas é "O MEGALITISMO".
| 
Mámoa deLamas | 
Os "megalitos", que máis abondan son os  "sepulcros funerarios", entre eles o "dolmen", construido  con pedras verticalmente e unha horizontal por riba como teito.
Existían tamén os "monolitos" o  "menhir" o "cromlech, etc.
Os nosos antergos, no Palolíticoa a centos de miles de anos a. de C., buscaban un campo axeitado, onde poideran excarvar. Enterraban aos seus mortos en sepulturas achegadas unhas as outras, que ao final cubrian con pedras e unha gran morea de terra, de 10 a 12 metros de circunferencia na base por uns 5 metros de alto. Ás veces , en vez de terra, cubríanas cunha morea de pedras, máis ou menos do mesmo tamaño cas de terra.
No Neolítico, cando surxe o Megalitismo, aparecen  dolmens neses campos de enterramentos, reservados normalmente para os xefes,  anque  aparecen algúns dolmens amplos, onde poideran ser enterrados   mortos de diversas familias. Estes dolmens tamén eran recubertos de un  grande morea de terra.
É unha magoa, que non se saiba cómo se chamaban en  lingua prerromana ditos campos de enterramento. Somentes o dolmen que ven de  tol = mesa e men = pedra., lingua celta.
Ó chegaren os romanos, sorprendéronse pola forma de  moreas de terra ou pedra nos lugares de enterramento, e comezaron a chamarlles mammulas, que quere dicir tetas, quedando o diminutivo mámoas, e tamán mamoelas, moimenta ou muimenta, monimenta , monumenta.
Coido non se debería confundir dolmen con mámoa. Todo  dolmen recuberto de terra é mámoa. Pero nen toda mámoa é dolmen..
Ramón Villares, na súa obra "A Historia de  Galicia", afirma: " O número de mámoas existente aínda hoxe, ademáis  das destruidas, permite inducir un poboamento denso e disperso, pois son varios  miles de mámoas as espalladas por todo o territorio galego".
| 
Mámoa da Pedra Da Arca | 
Esta cultura megalítica comeza a  esmorecer a  finais do terceiro milenio ante o descubrimento da tecnoloxía metalúrxica.
========================================================================
O  CRISTIANISMO  E  AS   MÁMOAS 
Tódolos escritores están de acordo que nos dous  primeiros séculos non hai sinais- nen na literatura nen na arqueoloxía de que  houbera cristianización en Galicia.
É a finais do s. III e comezos do IV, cando xurden os  primeiros testemuños das recentes comunidades cristiáns en todo o territorio de  Gallaecia.
A finais do s. IV exiiste xa un potente núcleo  intelectual cristián en Braga, destacando a monxa Eteria, Hidacio e Paulo  Orosio, discípolo de San Agustín de Hipona.
Pero foi a figura de Prisciliano (349 naceu en Via  Flavia-385 morreu degolado en Tréveris.) quen deu un pulo a cristianización de  Galicia, durante o último tercio do s. IV, que perdurou ata época sueva.
|  | 
| Prisciliano | 
Segundo o xa citado Ramón Villares:" O  Priscilianismo foi quen cristianizou  ao noso poboado galego aínda atado  ás tradicións relixiosas dos seus ancestros.
Por iso no meu traballo "Cristianización de  Taboexa" afirmo que posiblemente Prisciliano e os seus discípulos  predicaran o cristianismo na nosa "Taboexa" e os seus poboados.
Pero, en realidade, a cristianización masiva en toda  Galicia se debe a San Martiño Dumiense. Primeiro foi bispo de Dumio, e máis  tarde Bispo de Braga, e polo tanto, prelado de toda Gallaecia, responsable de  orientar ós bispos da nosa terra a unha evanxelización organizada. Xa escribín  sobre esta gran figura na entrada "Cristianización en Taboexa".
|  | 
| San Martiño Dumiense | 
Celebrados os Concilios de Braga, (I en 561 e o II en  572), no tratado "De correctine risricorum, insta aos bispos de Gallaecia  traten de loitar contra os ritos de idolatría romanos.
Con respecto ás mámoa, vendo a fe dos galaicos no máis  alá, "O Alén", e a veneración que prestaban aos seus defuntos,  ordenou que, respectando esos monumentos funerarios, se construira ó lado unha  capela ampla, para poder enterrar dentro dela aos primeiros cristiáns e  celebralos ritos cristianos. Desta maneira, sendo unha imitación das mámoas,  facilitábase aos galaicos o paso a súa conversión.
Polo mesmo podemos afirmar que, onde hai unha igrexa  ou capela con nomes de patronos, como Santa María, San Xoán Bautista, San Pedro,  San Felix,...  alí houbo unha mámoa.
Para rexir esta capelas os bispos ordenaron cregos a  homes casados escollidos dos mesmos poboados.Non sabían ler nen escribir, pero  en curtos cursiños ensinábanlles de memoria as verbas do ofertorio e  consagración e algunhas oracións, que os capacitaba para celebrar misa.Co tempo  íanos preparando un migallo máis. Pero tales cregos, anque seguían arrastrando  reminiscencias pagás, fixeron un labor pastoral moi importante para aqueles  tempos, edificando e ampliando capelas, e convencendo aos seus a que se  convertiran ó Cristianismo.
AS  MÁMOAS  DE  TABOEXA 
 Despois destos resumos da historia, podemos  centrarnos na nosa parroquia, co traballiño, que me propoño,  ¿ Onde  enterraban os nosos antergos aos seus mortos?
É normal que cada poboado quixera enterralos  nas  valgadas do monte, onde tiñan o seu hábitat. Antes do megalitismo, escavaban  con paus ou pedras ata facer unha cova,onde enterraban ó morto, enchíana de pedras e amoreaban terra  sobre ela..Na época megalítica, os xefes eran enterrados nos dolmens,   tamén cubertos de unha gran morea de terra.
Na nosa parroquia había unha mámoa preto da Igrexa e  outra na capela da  Carrasqueira, daquela, capelas  edificadas dunha  maneira arcaica, que, pouco a pouco foron mellorando. Case seguro, que tiñan un  dolmen especial para os xefes onde foi construida a capela de San Bartolomeu,  máis preto do poboado, por se en momentos difíciles como unha guerra ou  peste, poder achegarse axiña, para pedirlles consello.
É convinte engadir aquí as mámoas de Rubiós e a de San  Pedro da Mamoa , que máis tarde, na época feudal, a partir de s. XVI foron  anexos de Taboexa.
En Rubiós, , a capela antiga, adicada a San Xoán  Bautista foi constrida ó lado da mámoa nos campos da "Borgoa",  baixando polo barrio do Couto, moi preto da Estrada. Dicen os de Rubiós que a  tal capela foi desfeita para ampliar a igrexa actual, onde había outra capela  adicada a Santa María, posiblemente construida no século XVI. A ampliación  sería  feita no s. XVII. A nova igrexa conservou o mesmo patrono antigo   San Xoán Bautista e á Santa María puxéronlle de advocación "A Virxe  do Libramento".
E San Pedro da Mámoa, ubicada ao final da excavación do Porto Seco. A única mámoa, que ten referencias escritas, como as de Ávila y la Cueva.
Non se sabe a quen pertencía esta mámoa. É posible que a un poblado galaico, que existía onde hoxe Liñares, con un topónimo distinto, que se perdeu, pois o de Liñares provén dos musulmáns, seculos máis tarde, por semear nél liño.
Invstigando sobre esta mámoa atopei cousas moi  interesantes. O non seren quen tanto cregos como o bispado , fixéono os veciños  do lugar,  recollendo da tal mámoa cruceiros e pedras , reliquias do s. VI  que locen    nos seus xardíns.
Dende o s.VI ata comezos do sec. XI foron mellorando  as edificacións de capelas, converténdos xa algunhas en igrexas. Hai mostras  de grandes monumentos e templos de arte bizantina ou islámica. Temos preto San  Miguel de Celanova do período mozárabe.
Nos séculos XI, XII  e parte do  XIII surxe  a arte Románica, como consecuencia da prosperidade económica e da renovacion  espiritual, que supuxo a construcción de un gran número de igexas e tamén de  edificios relixiosos. Reflexa esta arte os valores da nova sociedade feudal,  guerrera e cristiá ao mesmo tempo.
A Arte Románica inicióuse en Galicia coa construcción  da Catedral de Santiago, comezada no ano 1075 e rematada definitivamente en  Abril de 1211. Numerosas igrexas, coa mesma arte, foron edificadas en toda  Galicia, ás veces polos mesmos aldeanos.. Dous grandes rasgos  caracterizan esta arte::fortes columnas adosadas a un muro e arco de medio  punto.
A mediados do século XII ata o s.  XV aparece  unha nova arte: Arte Gótica. Uns dos seus indicios é o arco apuntado e a súa  famosa "Bóveda de Crucería"
Con referencia a Taboexa as obras nas capelas pódese  dicir que non existiron, ata 1530 en que deron comezo as obras da actual  Igrexa, rematando no ano 1546. Disto escribirei axiña. É un tema moi  interesante.
Mentres, os cregos,  cada vez máis instruidos e con grandes poderes relixiosos e políticos,   esixían ós seus compatriotas a conversión ao Cristianismo.
Por outra banda, os galaicos, aferrados a antigos  costumes, sobre todo a veneración  á súa deusa Cal-Leach  resistíanse a tal esixencia dos cregos..
Xa escribín sobre esta deusa "Cal-Leach" a  deusa terra, que deu o seu étimo a Gallaecia e Portugal, cambiando pola  evolución dos tempos o c por g. Así Cal-Gal-laecia, Porto-cal= Portugal. E que,  nas nonas de Agosto levaban animais para sacrificalos a deusa nas pedra onde  hoxe está construida a capela de San Mamés, SANDOMEDIO, e quedaban alí  espelicando aos animais e facendo fogueiras para asalas carnes, ata o día 7 en que subía o  poboado para celebrala gran festa. Aínda hoxe se sobe o día 5, conservando tal  costume, pero, levando ademáis de San Mamés  tamén a imaxe da Virxe de As  Neves, que se celebra o día 5, unha nova costume, inventada por algún crego  para disimulalo día do sacrificio á deusa. Ver "Cristianización en  Taboexa" en "As Pedras de Taboexa falan" www.taboexa.es.
Nembargante, grandes acontecementos mostraron aos nosos  galaicos unha visión do cristianismo mais perfecto. Os novos templos de arte  románica e gótica das que falei, a creación da Inquisición española  nos  tempos dos Reis Católicos, mediante Bula do Papa Sixto IV  en 1478, foron  detonantes para que os galaicos agacharan as orellas e entraran no cristianismo  con fe ou sen ela. Os Reis Católicos , despois de tantas loitas para unificar  España, mediante o grito dos soldados."Viva Santiago y cierra  España", creron que esixindo unha sola lingua e unha sola fe, sería a  norma axeitada para salvagardar dita Unión.
|  | 
| Portalón do Pazo da Inquisición de Corzáns | 
Tódolos cregos loitaban por ter un cargo no Santo  Oficio.Aquí na nosa bisbarra, no ano 1688, D. Bartolomeu Barbeyto y Padrón,  inquisidor xeral de Galicia, construe na parroquia de Corzáns "Un Pazo da  Inquisición". O Licenciado D. Bartolomeu Fortes Ucha foi o primeiro  capelán deste "Santo Oficio".
D. Bartolomeu Fortes Ucha e o seu irmán  D. Felix  Fortes Ucha, crego de Cela e Zamáns, naturais de Taboexa, barrio de Altamira,  foron quen construiron a capela de San Bartolomeu, na faldra do noso Monte  Castro.
Desta maneira pódese dicir que Taboexa, de algunha  maneira, estaba cristianizada.
E chegamos a unha data, que eu quixera que Taboexa  nona esquecera endexamáis. "A data da construcción da nsa igrexa, tal como  a vedes na actualidade. 1546.
=======================================================================
LUÍS  ALONSO  CARBALLO, FUNDADOR   IN  SOLIDUM  DO  PADROADO  DE  SANTA  MARÍA   DE    TABOEXA 
Era casado e tiña unha filla chamada Xinebra. Vivía  coa súa familia en San Pedro de Monçao, en fronte a parroquia de Setados..
|  | 
| Busto da súa Dona | 
|  | 
| Busto de Luis | 
Estos dous bustos, que locen na fachada da igrexa, mandounos pór o fundador aos mestres canteiros.
A súa filla Xinebra casa con Pedro Vázquez Pereira de  Castro, que, ademáis de ter propiedades noutra parte do Miño, tamenas tiña  nesta, sendo Señor de Porto en Salvaterra ao lado de Arantei
Alén desta unión entre a Casa Barbeyta e a de Castro  houbera antes outros enlaces coas Familias Lobato e Bacelar. É posible que a dona de Luís Carballo fora unha Lobato. 
Eran por tanto catro familias feudales moi importantes  tanto economica como politicamente con considerables predios tanto alén como  aquén do Miño.Por iso Luís "Fundador in solidum", cando contratou cos  mestres canteiros a edificación da igrexa, ordenou colocaran na ábsida os   escudos pertencentes as catro familias.
 Por orden : Os do Castro, Barbeyta, Os Lobato, e a Casa Bacelar.
LUIS ALONSO CARBALLO, QUEDOU VIÚVO E METEUSE A CREGO.
Foi ordenado sacerdote e dende Monçao foi destinado a nosa  parroquia.
Ao ver a capela, anque grande, mal feita, determinou  desfacela por completo, contratou con bos mestres canteiros, e con unha boa  cimentación levantaron a igrexa tal como a vemos hoxe.
Luís era moi perfeccionista, gustaba das cousas ben  feitas.. Apaixonado polas artes románica e oxival, ordenou faela fachada   e a estructura exterior cos seus contrafortes,e fachada románica e no interior o arco  triunfal de medio punto que da acceso ao presbiterio desde a nave.  E a famsa bóveda de crucería de arte oxival. Mandou  colocar na fachada o seu busto e o da súa dona. e na ábside os catro escudos,  como acabo de escribir.
Non esquzeu deixar ben aquelado o chan do presbiterio  con unhas seis sepulturas para enterralos cregos, e na nave todo sepulturas a  dereita e esquerda para os fieis..
Para sepultar ao seu xenro mandou preparar unha tumba  no altar do Espírito Santo coa súa lousa ben pulida e gravada; menos a data da  morte. Correspondíalle como herdeiro do Padroado de Santa María de Taboexa.
Anos máis tarde mandou construilo campanario.
Os pais de Pedro Vázque Pereira de Castro: Gregorio  Vázque Lobato e Blanca Perira de Castro, así como a súa dona Xinebra están  sepultados  en San Pedro de Monçao, fronte a Setados.
De momento non sei en donde etán sepultados Luis  "O fundador in solidum do Padroado de Santa María de Taboexa" como él  se fai chamar. Ignoro o nome da súa dona. Coido  constará na documentación testamentaria no Museo Histórico de Pontevedra. Axiña  vou a tratar este tema.
| Na parte superior da fachada loce a cruz cumial | 
No museo de Sr. Solla en Arcade, no verán de 1957 fun nomeado cuadxutor da mesma, e tiña certa  amistade co Sr. Solla poque un fillo estudiara comigo varios anos no Seminario  de Tui. Polo mesmo tiven a oportunidade de botarlle varia veces unha ollada a  unha morea de manuscritos, documentos de herdanzas e testamentos. O que non  sabía que a meirande parte deles correspondía a esta historia. Hai anos  vendeuse  o museo coa gran sorte de que a Xunta de Galicia fíxose con eles  e estan gardados no Museo Histórico de Pontevedra..
Despois de varios séculos de xuntanzas matrimoniais,  permutas,  e voltas que da a vida, a maior parte da herdanza pasou ao marqués de Soutomaior, que durante moitos anos tivo o padroado de Santa María de Taboexa  e os seus anexos.n  E, por suposto, acadou toda esa documentación para  gardala na caixa forte do Castelo. E o Sr. Solla foi quen de facerse con ela  para o seu museo.
Ramón Otero Rodríguez foi párroco desta parroquia   pola década de 1950. Fora tamán cuadxutor de Arcade e coñecía tal  documentación.
Escriibiu un libro que titula :Taboexa-As Neves,  Historia y Arte, adicado aos veciños  da parroquia..
Para escribla historia da construcción da igrexa  documéntase nos testamentos 3- 5- 22- e 18, que como escribín constan no  arquivo histórico de Pontevedra.
A arte da igrexa é traballo propio, investigado e  escrito dunha maneira maxistral. Para él, a arte románica e oxival, anque  retardadas no tempo, non dixan de ser tales. Prolongouse a súa construcción  durante dous séculos.
O meu pequeno resumo da historia foi tomado de seu  libro. Anque inserto algunhas fotos , como mostra, das dúas artes, invito a  todos leades a exposición que fai na súa obra..
Nunhas vacacións de verán, tiña 16 anos, fun a saudar  ao párroco D. Manuel Ocampo Carrera, e levoume a igrexa para que vira as obras  de limpeza de cal, sufragada por Sr. Miguel dos Pios. Estaba a igrexa chea de  andamios de madeira, que chegaban ata bóveda de crucería. Fixeime nunha data,  ben visible,gravada no rosetón central que daba a tribuna ou coro  1546 Era o ano da fin da obra de crucería. Pediume o  párroco se podía destacar con tinta negra tal gravación para que fora máis  visble. Aos poucos días estaba subido ao andamio destacando cun pincel moi fino  o fondo da gravación.
Cando escribiu a súa obra D. Ramón Rodríguez Otero,  afirma que él vira en varias ocasións tal data. Pero nona encontrou. Afirma que  "imponderables de los tiempos la borraron" A desidia e falta de  vixilancia dun crego permitiron que unha máquina a presión fixera tal desfeita.  A bóveda de crucería quedou moi limpa. Pero as datas desapareceron todas.
|  | 
| Rosetón central da data gravada 1.546 | 
Seguíuse sepultando dentro da igrexa. Os veciños non querían perder tal costume.
Temos que darnos conta que os nosos antergos,  acostumados ás mámoas, aceptaron ser cristiáns para ser soterrasdos dentro do  templo, ao acougo de Deus presente alí..
O mesmo primeiro padroado Luis alonso Carballo ordenou  aos mestres canteiros deixaran ben preparado o chan da igrexa con sepulturas no  presbiterio para os cregos e na nave  para os legos.
Despois de tantos séculos, a xente rexeitaba separasen  aos seus defuntos do acougo de Deus.
En varis visitas pastorais os bispos instaban aos  cregos que "habia que allanar el adrio". Sen darse conta que o que  mandaban "allanar" eran propiedades pariculares, viñas e algo así,  pegadiñas a igrexa pola parte Sur e polo Oeste. Os de Taboexa ata facían  producir aos camiños, as famosas viñas altas, porque tiñan que pagar moitos  foros aos Señores feudais, tanto civís como eclesiástcos.
Posiblemente Taboexa sexa un caso único en non ter  adro abondo e sepultar dentro da igrexa ata moi tarde.
O bispo D. Fr Ramón García e Antón - 1865-1876- Instou  a que se comezra a enterrar no adro. Máis tarde o tamén bipo Don Fernando Hue  Gutiérrez volve a carga.
Foi cando se construiron os Panteóns adosados a parede  da igrexa pola parte Sur, o de Don Juan Cambra , con data 1875, e o dos  "Baldrazas, máis ou menos do mesmo tempo, anque  ten gravada a data  de falecimento de Antonio Domínguez y Domínguez  en 1890. Naquelas datas  tamén foron construidos na parte Este do templo, detrás da ábside, panteóns en  serie con tres ocose cruces no remate, que fan ao mesmo tempo de muro de  sostén. Hai tamén sarcófogos de cregos con datas  borradas polos tempos.
Mais iso pouco solucionou . Só os ricos podían  permitirse a construcción de tales obras. Os pobres seguín enterrando dentro da igrexa e con moito orgullo.
OUTROS CREGOS EN SANTA MARÍA DE TABOEXA
DON EVARISTO SENRA MARTÍNEZ
Teño unha entrada sobre este crego, Titulada " O  Derradeiro Baneficio Curato". Digo "derradeiro" poque foi o  último . O Concordato de 1851 dirimiu o privilexio de "Presentación de  Legos".
Tomou posesión de Santa María de Taboexa e os seus  anexos o primeiro de Maio de 1882, presentado polo marqués de la Vega y Armijo.
Somentes vou a escribir dél en canto aos  enterramentos..
Cando chegou, enterrábase na igrexa e nos panteóns aos  que acabo de referirme. Non había adro con capacidade para enterrar e de  momento tiñan que seguir así as cousas.
No mesmo ano da súa chegada, 1882, cede terreos do  iglesario para ampliación de camiños, entrada a igrexa e procesións, e ao mesmo  tempo o actual torreiro para celebralas festas.
Polos anos 1895-1890 logrou adquirir os terreos de  propiedade particular, que estaban arredor da igrexa pola parte Sur e Oeste , e  cerra con muros , que perduran ata hoxe, intercalando neles cruciros do Via  Crucis.
Aproveitando as obras mandou facer unha canalización  desde o muíño da abadía ata o camiño. As antigas escaleiras de acceso estaban  preto da porta de entrada da igrexa, rematadas nas esquinas con columnas, que  sostiñan as esculturas de Adán e Eva. Por estar núas, enterrounas na tal  canalización. Isto está recollido dunha tradición oral de pais a fillos, que é  sostible porque non hai tanto tempo.
Desde entón comezou a esixir se enterrara no adro. pero, a  xente resistíase. Tiñan os seus costumes e querían ser sepultados dentro non  fóra da igrexa. De todos modos algúns obedeceron. A verdade é que D. Evaristo  non podía esixir moito poque a capacidade do adro seguía sendo escasa.
Moitas voltas tivo que darlle D. Evaristo ao problema  ata chegar a á determinación de que o remedio estaba en construir un cemiterio.  Valéndose das súas dotes militares, ( fora capelán castrense durante sete  anos), prescindindo de Sanidade, manda construir en fronte ao lado Sur da  igrexa, e preto de dúas casas, un cemitero, chamado hoxe cemiterio velllo, que por  certo está en bo estado e limpo. Axudárono e apoiárono moito os de Carrera, da  Carrasqueira, quen levantaron ao fondo unha fermosa capela con sepulturas  familiares aos lados. Debaixo do altar está sepultado D. Evaristo. Desde entón,  os de Carrera, tódolos domingos do ano expoñen a súa fotografía  adornada  de floreros e cirios..
Foi inaugurado este cemiterio o sete de Novembro de  1895, por ser o primeiro cadáver enterrado  Manuel Fernández Rodríguez, de 62  anos, viúvo de María Rodríguez.
Aproveitando as obras mandou facer un osario, detrás da  ábside, que por certo está mal coidado e sen porta.
Os veciños que estaban preto de cemiterio pleitearon  varias veces pola construcción do cemiterio ao lado das súas vivendas, pero non  lograron nada.
Pero non así o pobo, que non quería de ningunha mneira  perdelos dereitos e costumes de ser sepultados dentro da igrexa. E medíronse  dúas forzas, a dun crego militar, que co seu ordeno e mando esixía se enterrara  no cemiterio e a do pobo que se opuña, razoando que había un camiño públco, que  separaba a espiritualidade que manaba da irexa. No adro aínda pasaba, pero no  cemiterio era como ser enterrado nun monte.
Don Evaristo non tivo máis remedio que achantar e  deixar se enterrara na igrexa, no adro e no cemiterio.
Faleceu en Xuño de 1925 e seguíase enterrando así.
DON JOSÉ DOMÍNGUEZ FORTES, "O CAMBRA".
Foi ecóno da parroquia despois da morte de D. Evaristo.
E o que parecía tan difíil de convencer a xente  que  non enterraran dentro da igrexa, logrouse sen esforzo algún.Un bando da  segunda república do 1931, en vista de ter cemiterio parroquial, prohibía sepultar dentro do templo, ameazando  con elevadas sancións. Desde entón deixouse de enterrar na igrexa..
|  | 
| Teño tamén publicada unha entrada sobre "O Cambra", que por certo, é a máis visitada | 
"O picote" era como unha pequena manta,  tecida nos teares caseiros con forte fío de liño e trapos retorcidos.Remataba   cunha capucha tecida xa con tea de fío normal.. Tenguíano de negro e era  moi cómodo porque púñano sobre a roupa de traer, tapándoas por completo.
Faleceu  D. José o 2 de Febreiro de 1941 aos 57  anos, víctima de unha depresión por problemas da guerra Civil.. Un home todo  corazón e bondade para todos.
Como bo taboexano, levaba  nas venas o sentir dos  seus paisanos. Tendo no cemiterio un  panteón famiiliar,"O dos  Fortes", preferiu ser sepultado no panteón do seu bisavó D. Juan Cambra,  como indicando que ao non ser dentro da igrexa, polo menos arrimadiño as  paredes dela.
DON  MANUEL  OCAMPO  CARRERA.
Despois de D. José foi nomeado de ecónomo D. Manuel  Ocampo carrera, do que teño escrito xa neste estudio para manter certa orde nos  acontecementos.
Pedíulle a miña nai para que fora sacristán o que  aceptei moi contento. Tiña preto de 10 anos. Isto ven ao caso,  para contar dous grandes feitos dos  que fun testemuña e naide sabe.
Un día de semana (non sei por qué motivo fun a  igrexa), encontrei pedreiros  levantando as lousas no presbiterio. A obra  era  sufragada por Sr. Miguel dos Pios.
Nacín co don de observalo todo e buscalo  por qué.  Conservo recordos desde os tres anos. Dinlle mil voltas a obra dos presbiterio e  non lle encontraba explicación. Aos poucos días encontrei a resposta. Reparei que  os canteiros xa tiñan separado a mitade do firme. As lousas quedaban  perfectamente colocadas pero a forma de sepulturas que en elas había para  enterrar ós cregos desaparecera, quitando a pedra do medio que tiña unha  argola. D. Manuel tiña fobia as sepulturas dentro da igrexa.
Debaixo do ventanal do presbiterio, hai unha oquedade,  chamada "a capela maior do presbiterio" Eu vira unha  especie de sarcófago", case a rás da terra. Sempre crín estaba alí  sepultado un crego. Rematada a obra observei que desaparecera. Pero altearan o  sitio con pedras facendo unha especie de altar, tal como se pode ver hoxe, deixando as cinzas do sepultado, dentro.
Sempre crin que este sarcófago que estades vendo na  foto, que está entre a porta da sacristía e a porta lateral da igrexa pola  parte Norte era o que eu vira na capela maior do presbiterio. Pero investigando  ,  agora sobre este traballo, queda totalmente descartado.  Como vedes remata en un pedestal cun oco para a cruz. E nas igrexas non estan  permitidas as tumbas con cruz.. Para mín os canteiros altearon con pedras sobre  a campa da tumba, facendo o altar que máis arriba vistes.
Investigando sobre un tema no Arquivo Histórico da  Catedral de Tui, encontrei por casualidade esta partida de defunción:
" "En 21 de Diciembre de 1779 falleció el  prebítero D. Bartolomé González Fortes, prebítero, sepultado en la capilla  mayor del presbiterio el día 22.Firma Diego Barreiro y otro"
D. Bartolomé González Fortes era primo carnal do  fundador da Escola Baldeira, DOMINGO GONZÁLEZ ALONSO DE CASTRO, casado, natural  de Taboexa e veciño de Segovia, quen o 11 de Setembre de 1755, desde a Cidade  de Segovia, dona todo o seu patrimonio para tal fundación, manutencion do  inmoble e do mestre.. Nomea na tal  escritura fundacional, como primeiro  mestre a este seu primo D. Bartolomé, capelán da capela de San Bartolomeu..  Conseguín moita documentación no arquivo Histórico de Pontevedra e copias  literais no de Segovia. Somentes me falta investigar qué facía en Segovia, e  por qué, estando casado, donou toda a súa fortuna para dita fundación.
Outra cousa importante descubrín nos tempos aqueles de  sacristán. Pasado un mes de rematadas tales obras no prebiterio fun a cambiar o  mantel da dita capela do EspíritoSanto. Era o encargado de por flores .  manteis, barrer e cousas desas. Cal foi a miña sorpresa, que estando aínda as  paredes e bóveda rociadas de cal, a campa estaba limpa anque rugosa e sen  pulir, como se lle deran a volta .
Mandara facelo D. Manuel para improvisar un altar, e alí  colocar unha imaxe do San Miguel Arcanxo, doada por Sr.Miguel dos Pios.. Desta maneira pretendía agradecerlle o sufragalas obras anteditas.
Ao facer este traballo, recordando a tal pedra que eu  vira, fun a sacarlle unha foto, e encontreime con isto:
Un crego, posiblemente D. Antonio Veiga, para disimulalo  tosco da lousa, que eu vira, mandou facerlle esta capa de cemento blanco.
Desde 1875 ata preto de 1890, estivo de ecónomo nesta parroquia.
Non me gusta falar mal de naide, porque erros todos cometemos e cada quen ten que pagar polos seus. Pero os dél foron tan raros e tan graves, que pódese dicir que nunca debeu pisar Taboexa.
Vou a falar dél somentes en canto a este traballo  concerne.
Home dominante e orgulloso, destos que cré que os da  parroquia son ignorantes e él é o rei.
Aproveitándose da empresa de seu pai  "Construcciones Veiga,, fixo obras na igrexa, que non se lle ocorre a  naide , sen contar co permio do bispado nen co parecer dos veciños da  parroquia,quen, vendo a improcedencia das obras, se negasen a  pagar,montou en cólera e vendeu o muíño do crego, patrimonio histórico  parroquial e o mellor campo do igresario, que o non pór no bando de pública  subasta a cláusula " o vendedor resérvase a non adxudicación en caso de  que o puxante non cubra o valor real do mesmo", tivo que cedelo a moi  baixo precio.Todas estas obras e vendas fíxoas sen permiso do bispado.
Os vecños da parroquia non denunciaron o caso por  estar un pouco afastados da igrexa, sentindo que, dede hai anos o bispado ten esquecidas as parroquias rurais.
Deixemos que D. Antonio Veiga se explique.
Don Antonio non explica en qué consistiron as obras da igrexa, somentes que co diñeiro que fixo de tales ventas  puxéronse  tamén cepos novos ás campás, e fixéronse reparacións na casa rectoral, obras que por certo especifca moi ben en qué consistiron.
Estas foron as obras que fixo D. Antonio Veiga, aprovitando a Empresa de seu pai "Construcciones Veiga".
Non se lle ocorre mellor cousa que cubrir as sepulturas da nave dos fieis con polvo de granito con cemento e divisións metálicas con un remate pulido, obras que se fan dun tempo para acá para para pavimentar o chan dos hospitais, salóns de festas, bares e outros sitios públicos.  
Obra innecesaria. O que fixo foi cubrilo más bonito do chan da igrexa, as sepulturas de pedra, que ía co estilo Románico Oxival da igrexa.
¿Qué lles parecería ao Bispado se "Construcciones Veiga" chegara a Catedral de Tui, disposta a facelo mesmo?.
Pero cando o problema da campá, sí que os vecños axudaron, por considerar un ben necesario.
Pero cando o problema da campá, sí que os vecños axudaron, por considerar un ben necesario.
Outra porcallada  de Veiga podédela contemplar no chan da entrada da igrexa, fronte a fachada.
Pavimenta o chan da entrada con cun marabilloso recordo histórico da nosa parroquia, a Santa Misión dos PP Capuchinos, con data de 1917.. Tendo na parte sur da igrexa sitio para pendurala, pona no chan  e según verbas que eu mesmo lle escoitei, contestando a distintas queixas dos veciños, para ser Pisada.
UN ROGO MOI IMPORTANTE
A modo de rogo, expoño eiquí o meu desexo de que O Bispado, e Xunta de Galicia teñan a ben observar in situ a desfeita e aquelalo que este home se atreveu a facer.
UN ROGO MOI IMPORTANTE
A modo de rogo, expoño eiquí o meu desexo de que O Bispado, e Xunta de Galicia teñan a ben observar in situ a desfeita e aquelalo que este home se atreveu a facer.





























 


















