sábado, 19 de mayo de 2012

RUBIÓS E A SÚA BANDA POPULAR DE MÚSICA

Transcribo aquí o que escribe sobre Rubiós  Gerardo Álvarez Limeses na súa obra Geografía del Reino de Galicia: " Limita al N. con Taboexa, S. con Tortoreos, E. Ribarteme, San José y Santiago, y O. Meder, en Salvaterra. Dista 55 kilómetros de Pontevedra  y 10 de Ponteareas.
Entidades: Barxa, Campos, Carrasqueira, Castro, Costa, Couto, Filgueira, Gandras, Lomba, Mó, Outeiro e Ribadeira.

Igresia de Rubiós
Segue Gerardo Limeses:"La Iglesia, que tiene dos torres, es del siglo XVII  y hasta el año 1902 fue anexo de Taboexa. Se celebran en esta parroquia numerosas fiestas, como son las de San Blás, el Corpus, San Mauro, Santa Lucía y el Corazón de Jesús, pero la principal de todas ellas es la de la Vírgen del Libramiento, que se verifica el segundo domingo de Septiembre con gran esplendor y asistencia de varias bandas de música....En estas fiestas, además de las vísperas y fuegos artificiales, procesiones y romerías, aquí tan frecuentes, se celebran otros muchos números, como son iluminaciones a la veneciana y eléctrica (porque la parroquia tiene luz de esta clase); cucañas, concursos de bailes, foliones, en los que se quema fuego de Palencia y de Reus; carreras de galgos y peleas de gallos, partido de fútbol y sesiones de cine".
Limeses debeu de escribir estas liñas polo ano 1936, recén instalada a luz eléctrica nestas parroquias. Trabucouse na data en que Rubiós foi constituida como parroquia independente de Taboexa; en realidade foi no ano 1904, nos arranxos parroquiais do bispo D, Valeriano Menández Conde. Segue  Limeses  louvando a Rubiós desta maneira:
"Tiene Rubiós una importante Sociedad de Agricultores, una Banda Popular de Música, sastrería, zapaterías y varios telares, siendo una de las parroquias de mayor cultura del distrito y de gente más trabajadora y de costumbres morigeradas, a pesar de que parece otra cosa dada la abundancia y frecuencia  de sus fiestas. Produce cereales, patatas, legumbres, frutas y lino, que todavía se hila allí, y hay ganado de todas clases, incluso caballar. Pero su mayor riqueza la constituye el vino, que es el mejor de toda la comarca llamada del Condado. Tiene numerosos molinos harineros.
"La riegan los arroyuelos de Frixón y Ferreiro". 
Estes dous regueiros, que nacen na parte Sur de Taboexa, forman o río Xuliana, que pasa por Rubiós, Tortoreos, Liñares e desemboca no Miño.

Cándido Rodríguez Mández
Cándido naceu para músico, no barrio do Crasto de Rubiós. Digo "Crasto" porque é así como lle chaman os de Rubiós ó seu barrio, e, por ser nome antigo debe conservarse. Leva 60 anos tocando o fliscorno, dende os doce anos..Solventou ata hai pouco a Dirección da Asociación Cultural. É de loar o seu afán e entusiasmo, que sempre tivo e segue tendo por exaltar á súa parroquia, e loitar por éla e a súa Banda de Música. Él mesmo me prestou fotografías moi antigas para escanear, e a historia que escribiu da Banda de Música Popular de Rubiós.  Así que, transcríboa, tal como ma entregou.
"Os comezos da Banda de Música Popular de Rubiós datan do ano 1892, cando aínda As Neves era un barrio do Concello de Setados. Existía un pequeno  coro na parroquia, e, vendo as facultades de algúns dos seus compoñentes, foi precisamente o Párroco D. EVARISTO SENRA MARTÍNEZ, quen se esforzou por conseguir o nacemento dunha Banda de Música. Do mesmo xeito, foi artífice  da formación doutra Banda dentro da Vila de As Neves, pero ó non ser viable unilas dúas formacións, co tempo, a Banda de As Neves desapareceu".
D. Evaristo Senra Martínez, Fundador da Banda de Música
Xa escribín sobre D. Evaristo  na entrada "O Derradeiro Beneficio Curato de Taboexa". Tamén narrei que fora case seis anos militar,dende o 20 de Abril de 1870 ata o 14 de Decembro de 1875. Exerceu o ministerio pastoral 7 anos en Rebordechán e no primeiro de Maio de 1882 tomou posesión da parroquia de Taboexa, falecendo nela o 21 de Xuño de 1925 na casa rectoral.
D. Evaristo Senra, capelán castrense
Como militar o 20 de Abril de 1870  foi nomeado capelán interino do Rexemento de Infantería de Guadalajara; o primeiro de Outubrode1871 párroco castrense do 4º Batallón da Garda Civil; o 12 de Marzo de 1872 foi trasladado ó Batallón Provincial de Lugo e nomeado Xefe Castrense da 2ª División de Vizcaya e capelán do Hospital Militar de Portugalete. Era moi activo. É posible participara como músico, nas bandas militares. 
Facía moitas viaxes a Madrid. Nunha delas, pedíu ós xefes militares instumentos musicais para fundar unha banda na súa parroquia, e deronlle dabondo para dúas Por eso escribe Cándido, que fundou tamén a das Neves, que non prosperou.
Queno axudou moito, nesta laboura da fundación das bandas, foi Jerónimo Rodríguez Álvarez, fillo de Juan Antonio e María Rosa, natural de Rubiós, casado en Taboexa no barrio de Altamira con Encarnación Fortes Rodríguez, viúva de Manuel Domínguez Cambra, do que tivera un fillo, que chegou a ser crego, D. José Domínguez Fortes, "O Cambra".
Jerónimo e D. Evaristo, según me contaron, eran moi amigos.


Merece a pena comentar esta foto.Está tomada no eido dos Fortes na festa do Santo Cristo de Taboexa, o último domingo de Agosto do ano 1910. A Casa dos Fortes  tiña fama de podente e acostumaban dala comida ós músicos. A que está na esquerda de todo é Carmen Rodríguez Estévez, a máis vella da casa, natural de Barcela, quen casou con Manuel Fortes Gregores, natural de esta parroquia,  e tiveron 5 fillos, Encarnación, Ambrosio, Laureano, Claudina e Manuel.
Claudina é a que está de blanco, era a cociñeira. Detrás está o seu home, Manuel, e á súa dereita o seu fillo Laureano. Arriba cara a dereita  os seus irmáns Ambrosio e Laureano. Segue D. José, "o Cambra", que aínda non era cura, era subdiácono, sería crego no seguinte ano.Á sua dereita o sacerdote D. Ambrosio Rodríguez Estévez, irmán de Carmen, que está a esquerda de todo, era coadxutor de D. Evaristo.
Jerónimo está entre ós músicos, e os seus fillos Ambrosio e Manuel están a esquerda de todo ó lado de Carmen. Cándido coida que estes músicos pertencen á Banda de Música de As Neves fundada, tamén daquela, por D. Evaristo.



Esta foto debeu ser tomada no ano 1892, cando se comezaba a fundala Banda de Rubiós.  Os músicos aínda non tiñan uniforme. Foi sacada na festa de Sandomedio, o 7 de Agosto. Pódese apreciar a  torreta antiga.. O que está sentado co xerro na mán, paréceme o noso veciño de Millaxendo, Francisco Gil, a xente chamáballe Chico de María Rosa. O seu pai era natural de Rubiós. É abraiante contemplala vestimenta daquela. Ten esta foto case 120 anos.
Segue escribindo Cándido:"O primeiro mestre de entrada foi Manuel de Tomás, con quen a Banda foi crecendo, chegando a actuar por toda a provincia. Foise desenvolvendo a historia da Banda baixo a dirección de varios mestres, tales como Juan Novoa, membro dunha familia de músicos da parroquia de Rubiós, que se iniciara na banda parroquial e mellorara a súa formación musical en bandas militares".
"Coa guerra civil de 1936 remata a primeira etapa da Banda, por quedar sen a maior parte dos seus compoñentes. A emigración tamén contribuíu a que deixara de existir perante varios anos".


No ano 1945 houbo un intento de refacela Banda con nova xuventude e antigos músicos. Comezou a dar clases de solfeo Alfonso Méndez Méndez, natural de Rubiós, quen en 1965 incorpórase a Banda de Guláns, e despois a de Valadares. Proseguiu a docencia e a dirección José Rodríguez, natural de Arbo. 
En 1970  José González intentou de novo resurxila Banda. Mais, ó fin, voltou a desfacerse".

Debeu de ser tomada despois da Guerra Civil. Según Cándido, comezando por arriba de esquerda a dereita, o 1º nono coñece, o 2º é Laureano do sen orella,  o 3º Juan de Juanito, que era o Director, o 4º Severo do zapateiro, e o 5º Alicio de Tomás..
Abaixo, na 2ª liña, 1º Alicio do Patas, 2ºFeliciano do Sobrado, 3º Jaime do sen orella, 4º Amadeo da Garabata, 5º Benjamín de Preciosa e 6º José do Pingueira, fillo de Valentín, o Gaiteiro.

1ª liña de arriba , comezando pola esquerda, 1ºManuel da Carriza, trombón, 2º Alicio de Tomás, friscorno: 3º Manuel de Tomás, clarinete. Era O DIRECTOR. Tiña o costume de ordenar ós músicos "CADREMOS" Á xente facíalle gracia e repetían: "veña, cadremos". 4º Alfonso do Sobrado, clarinete.
2ª liña: 1º Romualdo, baixo; 2º Alfeu da Carriza, trombón; José do Sobrado, clarinete: 4º Manuel do Crasto, saxotenor.
3ª liña: 1º Antonio do Palenque, platillos; 2º Descoñecido, 3º Argimiro Rodríguez, pai de Cándido, caixa.

 Foi tomada esta foto en Godóns no ano 1952. Tódolos músicos son de Rubiós.
O Director era Alfonso Méndez Méndez, do Sobrado, o que está de 4º na 3ª liña.
Comezamos de esquera a dereita por arriba.
1ª Liña: 1º Manuel de Benita; 2º Romualdo de Pepa; 3º José do Pingueira; 4º José de Guillerma; 5º Jacinto de Guillerma..
2ª Liña: 1º Saturnino do Cerrucho; 2º Eugenio de Romualdo; 3º Amadeo da Garabata; 4º Feliciano do Sobrado.
3ª Liña: 1º Valeriano do Sobrado; 2º Alicio de Tomás; 3º Francisco do Lameiro; 4º Alfonso do Sobrado, DIRECTOR; 5º Diamantino da Xaneira; 6º Gabino da Filgueira.
4ª Liña: Manuel do Cerrucho; 2º Alejandro do Patas; 3º Pepe do Patas; 4º Alicio do Patas; 5º Enrique de Argemiro.
Rubiós foi, é hoxe e seguirá sendo terra de músicos. Que o diga o barrio do Freixo, con catro irmáns, "os Novas" e un deles, famoso compositor, chamado "MANOLO NOVAS, o de JUANITO; tocou en Bandas Militares, e pola década dos 50, foi Director da Banda de Música  de Cartelle en Ourense; compuxo: "Mozos do Penedo", (unha famosa muiñeira), "Pasodoble de Rubiós", "Barbaña" (pasacalle), "O Recluta". Aínda hoxe, as Bandas de Galicia fan resoar os emocionantes acordes pautados por este famoso compositor..
E segue o barrio do Sobrado, con cinco músicos, os dous de Guillermina, dous de Romualdo, catro de Argemiro, un de Pepa do Crasto, tres de Tomás... e outros máis espallados pola parroquia.
No 1960 entraron na Banda algúns de Taboexa, como: Antonio e Alfonso da Encrucillada, que tocaban o saxofón e frauta, e Sito de Pepe da Feira, o requinto.
"No ano 1983, sendo Alcalde do Concello de As Neves  Oswaldo- Lino González Pereira, acórdase nun pleno da Corporación, axudar a resurxir de novo a Banda. Foi Eugenio Méndez, quen impartiu clases a antigos músicos e a un bo número de mozos e mozas, que serían a nova xeración  do compoñente musical.
"Despois de Méndez, fíxose cargo da Banda Ramón González, natural de Marín, e , por fin, baixo a súa batuta celébrase a presentación oficial da nova Banda de Música Popular de Rubiós no Concello de As Neves en 1987".
"A finais do ano 1988 incorpórase o actual Director Rafaél Pérez Dopeso, natural de Coruxo. É nesta última etapa cando a Banda consegue un maior desenvolvemento, non só como agrupación senón tamén como escola de música".
Na actualidade, son compoñentes da Banda os curmáns Eloy e Uxío, naturais de Taboexa e netos de Eugenio de Romualdo, que era natural de Rubiós. Eloy toca o bombardino e Uxío, a trompeta. Polo visto, non deixan quedar mal ó seu avó. "O sangue tira".
Tamén néla hai músicos de San Pedro de Batalláns, San José de Ribarteme, Tortoreos, Vide, As Neves, Salvaterra, Ponteareas, etc.


"Naceu  Rafaél en Coruxo no 1966. Comeza a súa andadura musical como compoñente da Banda de Música "Unión Musical" de Coruxo. Realiza os seus estudios no Conservatorio Superior de Música de Vigo e no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Durante estos anos forma parte  da Banda de Música do Goberno Militar de Vigo e da Banda de Música do Goberno Militar de A Coruña, colaborando, ademáis, coa Banda Sinfónica de Galicia en varias ocasións e formando parte, tamén, da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia".
"Complementa a súa formación musical como instrumentista asistindo a varios cursillos co trompeta solista da Orquestra Nacional de España e con Enrique Ferrán Sastre, trombón solista da devandita agrupación".
"No ano 1987 acada a titulación de tuba, tendo como profesor a  José Vicente Simeón Máñez. No ano 1988 faise cargo da dirección da Banda de Música Popular de Rubiós, e cinco anos máis tarde, asume tamén a dirección da Coral Sta. María de As Neves".
En 1993 comeza a facer unha serie de colaboracións, como reforzo, coa Banda de Música Municipal de A Coruña. Nesta súa faceta como instrumentista toca baixo a batuta de prestixiosos directores , tales como Miguel Sacristán Ramos, Adonis Ferreiro, Indalecio Fernández Groba e Enrique García Asensio".
"En 1996, faise cargo da dirección da Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, e dous anos máis tarde, comeza o seu labor como director da Escola de Música Municipal de As Neves".
"Na actualidade, ademáis de dirixir as agrupacións citadas, é profesor no Conservatorio de Música "Reveriano Soutullo" de Ponteareas".


"A Banda levou a cabo actuacións por toda a Xeografía de Galicia e Portugal, participando en varias ocasións en diversos programas  da TVG e de TVE en Galicia, destacando as actuacións realizadas en Lisboa, e en varias Convencións, tales como a de As Neves, A Golada e Castrelo de Cambados"
"Asimesmo, leváronse a cabo varios concertos en colaboración coa Coral Sta. María de As Neves, destacando os de zarzuelas realizados en Marzo do 2000 nos auditorios "Vázquez Portomeñe" de As Neves e "Reveriano Soutullo" de Ponteareas".
"Por último, participou en tódalas edicións do Certame Provincial de Bandas Populares organizado pola Deputación de Pontevedra, acadando nos anos 2002. 2003 e 2005 terceiros premios na segunda categoría".