viernes, 25 de noviembre de 2011

ARCEDIAGADO DE TABOEXA

                                                 


                                                   ARCEDIAGADO  DE  TABOEXA









O párroco de Taboexa, dende mediados do século XVI, foi de presentación de legos, sendo o derradeiro D. Evaristo Senra Martínez no primeiro de Maio de 1882.
Alá polos anos 1543-1564, o, entón, abade de Taboexa, D. Luís Afonso Carballo foi o fundador do "Padroado de Santa María de Taboexa e os seus anexos, San Pedro da Mámoa e San Xuán de Rubiós". Él mesmo se chamou "Padroeiro in solidum". Obtería a concesión, posiblemente, por reforma-la Igrexa con paredes e contrafortes de estilo románico e bóveda de cruceria de un oxival retardado. Tamén donou unha cruz de prata para a parroquia.. Este home, de casado, tivo unha filla chamada Xinebra. De viúvo, meteuse a crego.Tiña tamén un irmán, chamado Álvaro.
Cómpre facer alusión aquí da obra de D. Ramón Rodríguez Otero "Taboexa-As Neves, Historia y Arte", que adica  a tódol@s veciñ@s de Taboexa, en gratitude. Nesta obra, baseándose nos catro escudos, colocados nas catro esquinas da parte exterior da ábside, que aluden as liñaxes das familias, que emparentadas, ostentaban o dereito in solidum da presentación do "Beneficio Curato" da parroquia, explica maxistralmente, cómo se foron emparentando uns cos outros, ata chegaren a unirse as catro familias.
Os de Castro


A filla do citado D. Luís Afonso Carballo, Dna. Xinebra Fernández Carballo casa con D. Pedro Vázquez Pereira de Castro, descendente dun Barbeyto e dunha das familias dos Lobato.
Por outra banda, unha irmá de D. Pedro casa con Álvaro, irmán do fundador.
Os Bacelar
O fundador "in solidum" D. Luís Afonso Carballo deixa en testamento ó seu xenro D. Pedro o padroado de Taboexa e os seus anexos. E D.Pedro déixallo así mesmo, ó seu fillo Rodrigo, que casa cunha Soutomaior.
Os Lobato
Estes enlaces favorecen a permuta de 1677, na que Gonzalo Alfonso Pereira de Soutomaior (en Portugal) cede o padroado de Taboexa e os seus anexos a Fernando Yañez Álvarez de Soutomaior, quen renuncia á presentación das parroquias de Pías, San Mamede de Troviscoso e San Martín de Ñordelo, en Monçao.
É de advertir que o apelido do fundador evolucionou co tempo pasando a chamarse Alfonso, como Vaz ou Baz, a Vázquez..Avila y la Cueva narra esta "permuta"cando escribe sobre a parroquia de Taboexa..
Os pais de D. Pedro, D. Gregorio Vázque Lobato e Dona Blanca Pereira de Castro, así como a súa dona Xinebra Fernández Carballo, están enterrados en San Pedro de Monçao.
D. Pedro está sepultado nunha tumba, que mandou facer o seu sogro na Igrexa de Taboexa.
A Familia Barbeyta.
 A Casa Soutomair era xá na Baixa Idade Media, un potente bastión de nobreza e poder. Entre os seus membros máis célebres, aparecen: Pax Gómez de Soutomaior, pola súa pericia política, ou D. Pedro de Soutomaior, coñecido como D. Pedro Madruga, conde de Camiña, personaxe cargado de historia e lenda. Á súa morte en 1886, comeza unha serie de problemas sucesorios, non só nesta zona, senón tamén en toda España, que non terían solución ata 1795, cando a chancilería de Valladolid otorga ó Marqués de la Vega de Armijo e de Mos o dereito ós bens da rama da familia de Soutomaior, pertencente ó Castelo.


O castelo de Soutomaior atópase na provincia de Pontevedra, comarca de Vigo, municipio de Soutomaior, na parroquia de San Salvador de Soutomaior, a 18 quilómetros de Pontevedra e á 6 da ría de Vigo, nun lugar elevado, no monte do Viso, a 119 metros sobre o nivel do mar, na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, enclave natural de enigmática beleza.. Ó herda-lo o marqués de Mos no ano 1795, sustitúe o escudo do ducado de Soutomaior por outro bastión da súa Casa, e en 1870, cando sitúa alí a súa residencia estival, fai algunhas reformas.
Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega de Armijo, Mós e Soutomaior.
Antonio Aguilar y Correa, VIII marqués de la Vega de Armijo, e tamén marqués de Mós e Soutomaior naceu en Madrid en Xuño de 1824. Despois de varias sucesións, herdou os marquesados de Fernando Mesía de la Cerda, I marqués de la Vega de Armijo, quen obtivo daquela en 1795 o de Soutomaior.Comezou ós trinta anos unha dilatada carreira política, exercendo destacados cargos públicos perante máis de medio século. Ata chegou a ser, no reinado de Alfonso XIII, presidente do goberno de 1906 a 1907, broche de ouro da súa vida política. Faleceu en Madrid en 1908, ós 84 anos.Este home, dende Madrid, firmaba os documentos de presentación do Beneficio Curato de Taboexa.                                          
Recuemos un pouco nas datas:
No 14 de Maio de 1732 D. Félix Fernando Yañez de Soutomaior, de Lima etc. etc. , usando os seus dereitos de presentador in solidum do beneficio curato de Santa María de Taboexa e os seus anexos, nombra como párroco a D. Rafael Antonio de Saravia y Horcasitas, vigairo xeral apostólico dos reais exércitos e Armadas da Súa Maxestade en este "reyno" de Galicia e Principado de Asturias.. Documento estendido en Madrid, e que firma xunto ó duque, o seu segredario Miguel de Anessagasti.
O 28 de Decembro de ese mesmo ano 1732, tomou posesión do citado Beneficio.
Xa escribín sobre este crego, na entrada anterior, Cristianizaión de Taboexa. Era moi activo. Tivo algúns problemas coa parroquia ó intentar erradica-los últimos restos de costumes pagáns. Foi cando creou  o cerimonial do "encontro" para atraer ós seus fregueses á festa de Sandomedio.

A erección desta capela de San Bartolomeu, polos irmáns Fortes, tamén cregos, causoulle algúns desgustos. Era como minguarlle beneficios e poder..
O que menos esperaba D. Rafael era que axiña ía ser nomeado Arcediago do Cabildo de Túi, e tiña que abandoa-la parroquia de Taboexa para facerse cargo da coenxía na Catedral.
E así foi, en 1746, o Beneficio Curato de presentación e Padroado de legos de Santa María de Taboexa e os seus anexos erixíuse en dignidade catedralicia de Arcediagado. En tal senso, foi expedida unha Bula polo papa Bieito XIV en 1747. E no mes de Maio de 1748 toma posesión na Catedral de Túi, D. Rafael, como primeiro arcediago de Taboexa.
A derradeira partida, que firmou nos libros parroquiais, ten data do 15 de Abril de 1748.. Velaí a súa
sinatura na seguinte foto.  

De este arcediagado fai mención Ávila y la Cueva, cando escribe sobre a parroquia de Taboexa: "...Valen sus diezmos y los del Anejo de Rubiós 30·500 reás vellón, que por entero percive el Arcediano titular de Taboeja en la Catedral de Tuy con el cargo de poner y dotar Curas párrocos en matriz y anejo. Cuyo Arcediano fue creado cerca de mediados del siglo 18...  San Pedro da Mámoa, que es expresión antigua de Galicia y quiere decir Monumento...antiguamente anejo de Taboeja...hoy en dia no existe este anejo ni su Iglesia, habiéndose incorporado a Tortoreos.... están regulados sus diezmos en 1000 rv., los que antiguamente disfrutaba el Arcediano de Taboeja".
" NOVELEDO fue antiguamente parroaquia por si, y de tal se hallaba en el año de 1530 en que su cura parroquial asistió al Sinodo Diocesano que se celebró en Abril del citado año. Tenía por patrona a Santa Cristina Virgen y Mártir italiana. Después, con motivo, dicen, de una gran pestilencia que hubo en Galicia, que acaso fue la del año 1599, como tan memorable murió casi todo el vecindario de esta parroquia, y dimanado de esto, añaden, anejaron su territorio por mitad á las de Taboeja y Leyrado, y cesó la de Noveledo. Valen sus diezmos 10·000 reás vellón anuales, de los que llevaba la  quarta parte el Arcediano de Taboeja, otra quarta el Abad de Leyrado, y la mitad enteramente  las Monjas del Monasterio de la Villa de La Guardia".
Ávila y la Cueva deixou de escribir sobre a historia da Diocese de Túi sobre o ano de 1850  e parece faleceu no 1859.
Aínda hoxe, eses lugares onde estivo ubicada a parroquia de Noveledo, chámanse "Santa Cristina". Hai unha panaderia, que se chama a Panadería de Santa Cristina.
 .Non tardaron os de Taboexa en protestar por semellante nomeamento.de converter ó seu párroco en  cóengo da Catedral de Túi, e fanno de esta maneira:
"Xoán Antonio Rodríguez e Xoán Antonio Núñez de la feligresía de Santa María de Taboeja y apoderados de los naturales de ella, con la veneración y respeto que deven y representan a V.S.I., y que la presentación de dicho beneficio con inclusión de su anejo de San Juan de Rubiós, hes de la Excma. Señora Duquesa de Sotomayor, sus antecesores y subcesores, y quienes unos en pos de otros, han nombrado para el pasto espiritual de ellas abad y propio párroco, con residencia personal en la misma para administrar los santos sacramentos y socorrer en las urgencias precisas a los feligreses de ella, hasta el año quarenta y ocho, que cuando sirviendo de tal párroco D. Rafael Saravia, discurrió en aquel tiempo obtener y conseguir Breve de su Santidad para erixir dicho curato en Dignidad y Arcediano en la Santa Iglesia Catedral de esta Diócesis, cuya Bula o Breve, por ser lograda con obxección y subxección y contra todo el horden y reglas de Derecho, sin citación y audiencia de los parroquianos, y sin haver sido presentada por el Real y Supremo Consejo de Castilla; por esta causa y otros justos motibos que asisten a los que representan a los citados vecinos, han hecho varios recursos y entablado la correspondiente acción de nulidad de la erección del expresado Arcedianato".
Ó ver, que o Bispo de Túi non lles facía caso atrevéronse a escribirlle ó Rei, Carlos III, no ano 1781, quen, axiña, deu ordes o Bispo daquela Don Diego Fernández Angulo, e contestoulles tamén ós de Taboexa..
"... quienes por Exceder de Quarenta años la continuación del litigio, conociendo los excesibos dispendios, y mayores gastos queselo tienen oriosinado, tuvieron por acertado poner presente a  S.M. todo ello, y por su soberana piedad, y benignidad, con acuerdo de su Real Camara, se dignó mandar en veinte y ocho de Marzo de mil setecientos ochenta y uno, que el Reverendo Prelado, antecesor a V.S.I. nombrase durante dho Letigio, Curas Ecónomos en la Referida Parroquia, y Oyese en Justicia alos feligreses de ella, con Audiencia de todolos interesados, procediendo entodo con arreglo a derecho, determinando enterminos de Rigurosa Justicia, ydando noticia dela que diese, para que pudiese, la Cámara consultarla a S. M."
O bispo anterior, que recibiu as ordes de Carlos III  foi D. Diego Fernández Angulo. O bispo, a quen se dirixen  en 1798 era D. Juan García Benito.
Morre D. Rafael de Saravia y Horcasitas, e axiña é nomeado o segundo arcediago, D. Miguel María Mosquera, alá polo ano  1780.
Foron estes primeiros dous arcediagos, ben queridos. Non cobraban os dezmos ós pobres. E en certa maneira, os de Taboexa portábanse ben con eles, pagándolles os dereitos da Compulsa, que revisaba e selaba os nomeamentos e cobraba os seus dereitos reais e persoais.
Falece D. Miguel María Mosquera alá polo ano 1794 e noméase o terceiro Arcediago: D. Juan Romero y Cayro, e aquí orixínase unha gran desfeita. Era un home poseído do seu cargo, desos que cré que as xentes de abaixo teñen que sufrir os abusos e atropelos dos de arriba, e arremete contra os de Taboexa canto pode.E todo comezou, porque non lle quixeron pagar a Compulsa..
Abusando  do tribunal eclesiástico, do tribunal provincial do Reino e do Xulgado da Subdelegación de Rentas da Provincia, esixe dezmos ós máis pobres, eleva a renda dezmal a 26.500 reás vellón, e o que é peor, dá os campos do Arcediagado a traballar a xentes de afóra da parroquia, campos que acostumaban labrar Pedro Rodríguez, Xoán Antonio González e Anselmo Eixo.Chega a prohibirlles xuntar diñeiro para defenderse nos pleitos, mediante o Tribunal de Rendas. Pretende espulsar  ó Cura Vigario D. José Antonio Domínguez Estévez, muy querido na parroquia, para pór como perpétuo a D. Vicente Rivera, veciño de Alveos, nomeado por él, para servirlle de axuda, vixiar e atropelar aínda máis  ós veciños de Taboexa.. Tiña este tal Arcediago un caseiro, chamado Pedro de Oya.
Ante estes feitos, os parroquianos de Taboexa, quéixanse ó bispo de entón D. Juan García Benito, desta maneira:
"Este Arcediano ... tiene solicitado y maquinado un cúmulo de arbitrios y discursos maliciosos y muy extraños a su caracter y profesion y opuestos enteramente a la piedad, sosiego, virtud, amor y tranquilidad de los suplicantes y más parroquianos.....
Y por ser unos y otros hechos ciertos y resultantes de autos, ser de luego por la opresión y vejación con que a cada paso les está molestando y afligiendo dicho Arcediano, lo ponen presente a la notoria Justificación d V.S.I y por un afecto de su piedad le:
Suplican Se sirva despreciar y dar de mano a cualquier sugestión y extraña pretensión que intente o pretenda introducir el referido Arcediano... y preceptuar al sobre dicho se modere y abstenga de molestarles indebidamente con recursos extraños... favor que esperan alcanzar de V.S.I....
Firman; Juan Antonio Rodríguez..... y Juan Antonio Núñez.  Año 1798. Documento selado con
SELLO QUARTO, AÑO DE MIL SETECIENTOS NOVENTA Y OCHO"
HISPANIARUM REX, CAROLUS IV, DEI GRATIA./
/*-


O bispo da diocese de Túi non lles deu resposta E no ano 1859 volven outra vez ó ataque., e lémbranlle a cantidade de veces que lle escribiron, agora dicen que solicitaron preto de un mes....
"Que si era cierto que la sentencia que lograron del Tribunal de V.E.I en el año de 1787, había sido declarada por pasada en autoridad de cosa juzgada....Y Ahora que sabemos que esa sentencia es una ejecutoria solemne y que como tal ha sido publicada en este Triibunal Eclesiástico, pedimos que ponga en ejecución en todas sus partes. Bastante tiempo estuvo la parroquia privada de párroco propio, y supuesto que la sentencia ha declarado nula y sin ningún valor y efecto cuanto se hizo, formando de nuestro curato una canongía de la Catedral, con tanto perjuicio nuestro y que hemos disputado durante muchos años.... Suplicamos a V.S.I., con la mayor sumisión se digne en poner a ejecución la sentencia referida....así lo esperamos en justicia que pedimos. Taboeja Octubre diez de mil ochocientos cincuenta y nueve....."
Firman:
A primeira firma é de D. Juan Cambra Rodríguez, que naceu no 29 de Decembro de 1805 e faleceu no 1895.. Naceu en Altamira, na casa que refixeron ultimamente. Alí se casou con Benita Rodríguez Rodríguez, e tiveron una filla Josefa Cambra Rodríguez. Ésta casou con Juan Antonio Domínguez e Domínguez e tiveron a Manuel Domínguez Cambra, quen casou con Encarnación Fortes Rodríguez, e tiveron ó crego José Domiínguez Fortes, chamado "O Cambra". polo segundo apelido de seu pai. Este crego era primo carnal da miña tía política Herminia Rodríguez Fortes.
A pique estivo de tomar posesión o cuarto arcediago de Taboexa. . Rodríguez Otero, ó referirse a este tema, escribe: "Cuando se suprime por el Concordato de 1851, cien años después, era canónigo arcediano de Taboexa el pontareano D. José Manuel Alcalde. Lo había propuesto en 1827 Doña María Felecidad Pinto y Sousa, marquesa viuda de Mos y madre tutora y curadora del Duque de Sotomaior. El canónigo Alcalde es compensado con la dignidad catedralicia de arcipreste".
De chegar á posesión do cargo, significaría unhas cantas décadas máis de sufrimento para os veciños de Taboexa, que rexeitaran perante  113 anos tal arcediagado. Sería o pontareano, arcediago de Taboexa mentras vivira. Por outra banda.conviríalle ó Bispado, que os de esta parroquia seguiran mantendo ó seu Cóengo. Coido, que os continuos escritos, enviados polos nosos antergos, puideran apremar a celebración de Sínodos ata chegar ó citadoConcordato de 1851, que rematou o problema.
Os de Taboexa láianse non por falta de cregos; daquela terían uns sete, entre capeláns e o párroco nomeado e dotado polo propio arcediago. Pero eles querían aquel párroco especial, docto, letrado, o do "Beneficio Curato", que lles nombraba o seu presentador "in solidum", entón a marquesa de Soutomaior.
Era para eles un orgullo ter ese beneficio e non querían perde-lo; por iso loitaron tanto tempo.. E ganaron. Coido que na parroquia farían estoupar bombas de palenque, e celebraríano nas adegas con xerros de viño tinto.
Eu, que son un apaixonado pola miña querida parroquia, teño moito que agradecer ós nosos antergos e ós de agora, que souberon e saben garda-las tradicións e defende-los nosos dereitos.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        
Por fín nombraron párroco, desligado do Arcediagado, a D.Manuel Antonio Nuñez  o 7 de Xullo de 1861.
D. Manuel Antonio Nuñez faleceu o 25 de Xaneiro de 1880, e seguiuno no seu cargo, despois dun largo litixio entre dous presentadores, D . Evaristo Senra Martínez, que sería o derradeiro presentado por legos ó Beneficio Curato de Santa María de Taboexa e os seus anexos.Foi presentado polo marqués de la Vega de Armijo y de Mós. E tomou posesión o primeiro de Maio de 1882.
D. Evaristo Sernra Martínez
 O nomeamento de D. Evaristo, é unha sentencia, que contén 23 folios, onde resume a historia do que acabamos de escribir, e o mesmo tempo está dirixida ós de Taboexa, como contestación a tantos documentos, que enviaran perante cen anos ó Bispado.

 "Hacemos saber a los vecinos del Beneficio curato de Santa María de Taboeja y su unido San Juan de Rubiós, y más personas a quien toque........"
Sobre D. Evaristo Senra Martínez, escribirei na próxima entrada.
Quiero agradecer aquí ó meu amigo e condiscípulo Alfonso Fernández Galiana, prelado de honor da Súa Santidade, Pro-Vigairo Xeral, Chanceler-Secretario do Bispado, por haberme facilitado documentación destos temas, gardada con esmero en carpetas no Bispado perante tantos anos.
E tamén a Ramón Rodriguez Otero, quen rexentou varias décadas esta parroquia, pola numerosa documentación , maxistralmente exposta na súa obra "Taboexa-As Neves, Historia y Arte, dedicada a tódolos veciños e veciñas de Taboexa, en gratitude".
E ó meu amigo, e condiscípulo tamén, Celso Rodríguez Fernández, Prelado de Honor da Súa Santidade, Dr. en Filosofía e Letras e en Teoloxía, catedrático e Decano Na Universidade de Vigo, Fundador e director da JUM -Juventud Unida en Marcha, pola axuda prestada.
Sen esquecerme do meu caro amigo Xoán Martínez Tamuxe, polo seu apoio, documentación e ánimos que me dá a cotío para que siga escribindo. Tamuxe, historiador, arqueólogo e investigador é un apaixonado polo patrimonio histórico da nosa parroquia. Perante máis de trinta anos leva percorrendo os nosos montes e escribindo un feixe de artigos. sobre a historia, achados e petroglifos de Taboexa en "Castellum Tyde", "Soberosum" do museo de Ponteareas e outros, espallados nos xornais.e revistas.
NOTA.-A documentación vertida neste traballo sobre os numerosos escritos , enviados polos veciños ó Bispo de Túi e ó rei Carlos III, co gallo de recupera-lo Beneficio curato, tal como sempre, libre do arcediagado, é totalmente inédita ata o día de hoxe. Levaba máis de 200 anos agochada nunhas carpetas do Bispado. Por mor da síntese, que require unha bitácora, non puiden publicar todo de momento..
Saúdos a todos. Ata próxima entrada. Escribirei sobre o derradeiro párroco do Beneficio curato, D. Evaristo Senra Martínez..